Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
76 consumidores adquiriron apartamentos nun edificio. Nos seus contratos de compravenda a constructora incluíu unha estipulación que a facultaba para cobrarlles ós compradores os gastos de constitución da hipoteca que a constructora tiña sobre a finca.
Os consumidores, conxuntamente, demandaron á entidade mercantil inmobiliaria e solicitaron a declaración de nulidade da estipulación e a devolución das cantidades cobradas por este concepto. O preito chegou ata o Tribunal Supremo que, o 1 de xuño do 2000, decidiu a favor dos consumidores. Para o Tribunal, este pagamento é improcedente en virtude do disposto no artigo 10.1 c). 11 da Lei Xeral de Defensa do Consumidor ou Usuario.
Segundo esta Lei, as cláusulas, condicións ou estipulacións que se lle apliquen á oferta ou venda de productos ou servicios deberán cumpri-la boa fe e xusto equilibrio das contraprestacións. Isto exclúe, na primeira venda de vivendas, a estipulación de que o comprador cargue cos gastos derivados dos trámites de titulación que lle correspondan ó vendedor. Por iso, o Tribunal establece que esa estipulación será nula e non se incluirá no contrato de compravenda.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI