Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Facturas domésticas: Respectan a normativa, pero pensan pouco no usuario

Se comprendémo-las facturas domésticas, poderemos axusta-lo noso consumo e ó mesmo tempo reduci-lo gasto enerxético e doutros servicios

  Cando decidimos reducir no posible os gastos do noso fogar, atopámonos con que algúns deles, como os relacionados coa electricidade, a auga, o gas e a telefonía, parecen irreductibles. Cada dous ou tres meses recibimos nos nosos fogares diversas facturas, e o máis habitual é que as aboemos sen reflexionar ata cánto ascendeu o noso consumo, agás cando a cantidade nos semella excesiva en comparación con anteriores recibos. Este comportamento débese, en parte, ó indescifrables que resultan estas facturas, nas que non sempre aparece a información máis relevante para o consumidor dunha maneira clara e comprensible. Sen dúbida, é difícil determinar qué parte destes gastos é imprescindible e cál poderiamos controlar.

CONSUMER analizou, desde a perspectiva de legalidade xurídica e desde un enfoque de utilidade para o usuario, unha ducia de facturas (tres de compañías eléctricas, dúas de subministradoras de gas, catro de operadoras de telefonía e tres de empresas de xestión da auga). Detectáronse importantes diferencias nos criterios de presentación dos datos, mesmo en facturas de compañías do mesmo sector. E comprobouse que, malia a que tódalas facturas cumpren os requisitos legais, resultan pouco claras, escasamente áxiles e atractivas na súa presentación, se ben hai excepcións.

Por sectores, as facturas que mellor superaron o exame de CONSUMER foron as das empresas enerxéticas: electricidade e gas. As peores foron as de auga, e as de telefonía quedan nun termo medio. Por empresas, destacaron positivamente Iberdrola (electricidade) e Jazztel (telefonía), e demostraron unhas facturas menos aceptables Telefónica e Aljarafesa (Sevilla) e Aigües de Barcelona (as dúas subministradoras de auga). A lectura destes documentos de cobro resulta confusa pola ausencia de contrastes e recadros e por uns tamaños de letras excesivamente pequenos. Aínda que detallan os conceptos da factura, a miúdo non explican os conceptos que se cobran. E non todas presentan gráficos co historial de consumo das últimas facturas, aínda que a maioría ofrece o consumo medio en pesetas dalgún período de facturación, moi útil para compara-la evolución do consumo.

Por outra banda, tódalas facturas inclúen un teléfono de atención ó cliente, pero a chamada case nunca é gratuíta para o usuario e no 75% dos casos o horario deste servicio está limitado a unha franxa horaria, cando o ideal sería un servicio 24 horas.

Outro importante defecto das facturas estudiadas é que a miúdo hai que busca-lo importe total que hai que aboar entre outras moitas cifras e informacións, cando este é o dato que máis lles interesa ós consumidores, polo que se debería resaltar.

Electricidade

Malia a que é un servicio que prestan varias compañías en España, o usuario aínda non pode elixi-la empresa que lle subministra electricidade, que se lle impón en función dun único criterio: a zona xeográfica na que está emprazado o seu domicilio. Ademais, tódalas empresas ofrecen prezos fixos, establecidos polo Goberno. Por estes dous motivos, o aforro que poidamos conseguir no gasto por electricidade irá ligado a unha elección atinada do tipo de tarifa e a un consumo razoable.

Hai varias tarifas (1.0, para pequenos locais; 2.0, para unha vivenda normal; 2.0 N, para quen está subscrito á tarifa nocturna; 3.0, para empresas...). A máis habitual nos fogares é a tarifa 2.0. Dentro dela, podemos contratar desde 0,77 ata 15 quilovatios.

Calcula-lo custo O titular da factura que se amosa como exemplo ten contratados 4,4 quilovatios.

  • Potencia contratada: cantidade fixa, págase en función da potencia contratada. Abóase sempre, aínda que non consumamos nada. Se empregamos ó mesmo tempo varios aparellos eléctricos e a nosa potencia contratada non é abonda, o "automático" saltará. 4,4 kW (potencia contratada polo titular) x 242 pesetas (prezo do kW ó mes, cantidade fixada polo Goberno) x 2 (meses)= 2.130 pesetas
  • Enerxía consumida: cantidade variable, depende da electricidade consumida. 306 kWh (electricidade consumida) x 13,18 (prezo do kW ó mes, fixado polo Goberno) x 2 (meses) = 4.201 pesetas
  • Imposto sobre electricidade: cantidade variable, que se paga segundo o consumo. Serve para subvenciona-la minería do carbón. Fórmula fixa: 4,864% (imposto de electricidade) x s/6.331 pesetas (resulta de suma-lo gasto da potencia contratada máis o da enerxía consumida) x 1,05113 (coeficiente fixo) = 324 pesetas
  • Alugueiro dos equipos de medida: cantidade fixa. A cambio, a empresa está obrigada a realiza-lo mantemento e as reparacións do contador. 108 pesetas (tarifa do alugueiro do contador e do interruptor) x 2 meses = 216 pesetas

A nosa análise das facturas das eléctricas

Fecsa (Grupo Endesa). En Cataluña, Teruel e Huesca. Cumpre a normativa. Factura clara, co consumo detallado, aínda que só o importe total figura en euros. Tres teléfonos de atención ó cliente (xestións, avarías e euro). Ofrece a páxina da web da empresa, pero non o enderezo de correo electrónico. O mellor gráfico do historial de consumo. Bótase de menos información explicativa dos conceptos facturados. Non aparece o consumo medio en pesetas nin en kWh/día do período de facturación, aínda que si as últimas facturas en pesetas e en kWh/día. Servicio de atención ó cliente de 24 horas.

Iberdrola. País Vasco, Cantabria, Navarra, A Rioxa, Castela-A Mancha, Castela-León, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia e Estremadura. Cumpre a normativa. Factura clara, con detalle da facturación (tamén en euros). Teléfono de atención ó cliente, 24 horas. Gráfico co historial do consumo. Sinala o enderezo da súa páxina web, pero non hai enderezo de correo electrónico. A información explicativa da factura recóllese na parte posterior, aínda que non en tódalas analizadas. Non aparece o consumo medio en pesetas do período de facturación, aínda que si o importe medio diario das últimas facturas.

Sevillana de Electricidade (Grupo Endesa). Andalucía, agás Cádiz capital, e Badaxoz. Cumpre a normativa. Factura clara, con detalle da facturación, aínda que só figura en euros o importe total. Número gratuíto de teléfono de atención ó cliente. Bótase de menos información explicativa dos conceptos facturados. Non indica enderezo de páxina web nin de correo electrónico. Non aparece o consumo medio anual en pesetas, pero si o gasto medio diario do período de facturación. Os consumos realizados ata un ano antes amósanse numericamente, sen gráficos. Non indica o horario do servicio de atención ó cliente.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto