Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Accidentes domésticos: A prevención, materia pendente aínda

Aínda que poidamos pensar que o noso fogar é un lugar seguro, o crecente número de accidentes domésticos demostra que non sempre é así, especialmente se se trata de casas de países industrializados, nas que abundan aparellos eléctricos, substancias tóxicas e superficies escorregadizas

Consellos prácticos para evitar accidentes domésticos

  • Alfombras: Manteña sempre as alfombras ben estendidas, incluídos os flocos e poña debaixo unha tea antiesvaradía. Non oculte cables debaixo de alfombras nin sofás.
  • Enchufes: Ante o mínimo escurecemento ou requentamento, débense cambiar. Non conecte moitos aparellos nun mesmo enchufe, aínda que sexan de pouca voltaxe. Apague totalmente a TV, cadea de música e vídeo.
  • Fontes de calor: Deben permanecer separadas, como mínimo un metro, de mobles, cortinas e tapicerías. É recomendable empregar fontes de calor con termóstato para que se apaguen cando cheguen á temperatura indicada. Non empregue estufas de gas en zonas pequenas (menos de 6 metros cadrados) nin no soto. Deixe sempre unha boa ventilación e apague a estufa cada hora ata que o aire se renove. Se o cuarto está caldeado, acenda a estufa ó mínimo. É mellor apagala e volvela conectar cando baixe a temperatura. Non deixe candeas nin cigarros acesos nunha habitación desocupada. Solicite unha revisión técnica de tódolos aparellos que proporcionan calor e auga quente. Nos quentadores e estufas de gas, cómpre facer unha revisión cada tres anos. Nos de fuel ou carbón, cada ano, preferentemente no verán.
    • Baixe as persianas sempre coas dúas mans e en movementos sucesivos.A baixada brusca de correas de persianas grandes pode provocar lesións nas mans. Nunca se debe colocar sobre aparellos eléctricos recipientes ou floreiros con auga, macetas nin nada sintético.
    • Elixa borralleiros amplos, se é posible de auga. Non baleire os cinceiros sen botarlles antes un pouco de auga.
  • Plantas: Infórmese sobre as características das plantas de interior, por se son tóxicas e provocan irritacións. Use insecticidas e praguicidas de baixa intensidade e despois de pulverizar deixe pasar un anaco antes de entrar na habitación.
  • Barrotes: Deben ter pouca separación para que non caiba a cabeza dun neno.
  • Aire acondicionado: Respecte rigorosamente as revisións, a limpeza periódica dos filtros e o tubo de drenaxe da auga do condensador. Un ambiente de climatización correcto sitúase entre os 20 e 24 graos, cunha humidade relativa do aire do 35% ó 50%.
  • Elementos punzantes: Afágase a gardar tesoiras, alfinetes e agullas dentro do cesto da costura e déixeo nun recuncho afastado dos nenos. Non convén camiñar descalzo pola casa, pode provocar pequenas feridas nos pés. É preferible que os cantos de mobles, caixóns, etc., sexan redondeados e é conveniente fixar con solidez tódolos electrodomésticos e mobiliario.
  • Dormitorios: Evite acumular baixo as ventás elementos baixos (caixas, camas, etc.), xa que os nenos poden utilizalos para se subiren. Eleve as varandas da habitación se non superan a cintura dunha persoa adulta. Se hai liteiras, a escada debe quedar perfectamente fixada para subir á cama superior e débense emprega-las dúas mans para subir e para baixar. A varanda debe quedar perfectamente fixada e protexer todo o corpo do neno, para evitar caídas. Se hai nenos pequenos, afaste deles medicamentos, xoias ou obxectos pequenos e, por suposto, nunca garde unha arma de fogo cargada na casa, nin sequera co seguro posto. Tódolos medicamentos da botica de primeiros auxilios deben estar correctamente etiquetados. E as substancias tóxicas deben estar perfectamente identificadas.

  Cuartos de baño: Coloque diante do lavabo e da bañeira unha alfombra absorbente. Manteña sempre enxoito o chan. Dentro da bañeira, pise sempre sobre elementos antiesvaradíos e instale na parede da bañeira ou ducha unha barra de suxeición para apoiarse ó entrar ou saír. Deixe unha toalla próxima á ducha ou bañeira: as estiradas desde a bañeira provocan graves accidentes.

Para a limpeza dos azulexos superiores da bañeira, non se debe subir sobre ela nin colocar escadas dentro. É preferible o uso dunha fregona que alongue o instrumento de limpeza. Á hora da limpeza das luces, a dos focos encastrados faise por medio dun pano seco e con calzado illante. Se a iluminación do baño se estraga, substitúaa por focos axeitados para lugares húmidos.

Está prohibido colocar enchufes e aparellos eléctricos sobre bañeiras e duchas, cunha distancia de prohibición de 2,25 metros. Ata un metro de distancia da bañeira está prohibido colocar interruptores. Só se permiten tomas de corrente que unicamente reciban tensión cando enchufemos un aparello de escasa potencia. Para quenta-lo baño utiliza calefactores específicos que resistan as salpicaduras. En caso contrario poden provocar electrificacións. Non acenda xamais no baño estufas de butano ou de combustión líquida.

Ó limpa-lo baño, deixe sempre pechados os productos que se empregan para evitar perdas ou uso non apropiado. Non deixe os productos de limpeza do baño detrás do baño ou lavabo, porque poden ser accesibles ós nenos. Non garde productos de limpeza nin tóxicos en envases de cores, animais, etc.

Non saia do baño co aparello da cera depilatoria aceso: é inflamable e emite gases tóxicos. Antes da depilación, comprobe coa man a temperatura da cera, para evitar queimaduras.

Non fume mentres utiliza laca, desodorizante ou escuma con alcol. Tampouco se debe acender unha chama xusto despois da súa aplicación.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto