Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Adopción internacional

A opción máis factible para adoptar un neno hoxe

En 1999 realizáronse en España un total de 2.912 adopcións, das cales 2.006 foron internacionais e 906 nacionais. A baixa taxa de natalidade, o aumento do acollemento familiar (o Estado asume a tutela dun menor temporalmente e unha familia acólleo) e a reducción do número de menores en situación de desamparo explican que a cifra de adopcións internacionais dobre a de nacionais, e que aumentasen espectacularmente as solicitudes do primeiro tipo de adopción.

Pero a figura da adopción non se creou para solucionar problemas de infertilidade ou doutra índole que sofre unha parella ou unha persoa solteira, senón para dar solución, protección e calidade de vida a nenos desamparados pola súa familia ou que malviven nos centros de acollida de países do Terceiro Mundo ou da Europa Oriental. A adopción é un dereito do neno, e non de quen desexa formar ou aumentar unha familia, algo que esquecemos con demasiada facilidade.

Internet tamén irrompeu no mundo da adopción, sum aacute;ndose ós tradicionais organismos oficiais e ás entidades mediadoras ou ECAI (autorizadas polas comunidades autónomas). Ser pais a través da Rede resulta máis caro ca cunha ECAI (ata catro millóns de pesetas fronte ó millón de pesetas dunha entidade mediadora), aínda que ofrece a posibilidade, á marxe dos xuízos morais que poida suscitar, de poder elixi-lo neno, xa que na Rede se publican fotos e breves historiais dos pequenos que buscan familia.

No tocante ó proceso de adopción, optar pola vía internacional para ser pais resulta unha alternativa complicada, xa que implica enfrontarse inevitablemente á complexa e case sempre lenta burocracia de dous países. Por iso, os organismos oficiais derivan as solicitudes de adopción internacional ás ECAI, e serán estas as que orienten ós adoptantes. Ademais, dependendo do país elixido para a adopción, varían substancialmente os trámites que cómpre seguir e a axuda de expertos, a xeito de axencias de adopción, tórnase imprescindible.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto