Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Aínda que poidamos pensar que o noso fogar é un lugar seguro, o crecente número de accidentes domésticos demostra que non sempre é así, especialmente se se trata de casas de países industrializados, nas que abundan aparellos eléctricos, substancias tóxicas e superficies escorregadizas
En 1999 producíronse en España un total de 830.946 accidentes domésticos, a maioría debidos a caídas e ó lume, aínda que a asfixia e o envelenamento ocupan tamén un lugar destacado. Os máis afectados por estes accidentes son sempre os máis indefensos: nenos pequenos e anciáns.
Estes últimos vense implicados nun 13% dos accidentes que se producen nos fogares españois, sendo as caídas a causa maioritaria dos seus sinistros.
Os máis cativos presentan un índice de accidentes aínda maior, que alcanza o 42% dos incidentes totais rexistrados na casa. Pero posto que pasan máis tempo no fogar, as mulleres de entre 25 e 65 anos son as que máis accidentes caseiros sofren: protagonizan o 44% dos accidentes totais que se dan no fogar.
O escenario principal dos accidentes femininos é a cociña, que acapara o 15%, e a preparación da comida ocasiona a maioría deles, ó estaren as mulleres máis expostas a aceites, líquidos e materiais quentes (ferro de pasar) e a productos tóxicos (limpeza).
O salón, os dormitorios, o váter e as escaleiras interiores son, nesta orde, os seguintes lugares máis perigosos da casa.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI