Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Zapatillas deportivas de paseo: Diferencias notables en calidade

Analizáronse 8 pares de zapatillas deportivas de paseo, un producto multiuso ó que non se lle poden esixi-las prestacións propias de zapatillas específicas para un deporte intenso, como atletismo, baloncesto, fútbol, tenis ou outros. A máis cara foi Reebok Classic, que custou 8.630 pesetas, e as máis baratas, unhas 6.000 pesetas, foron Slazenger 440025, Koops 20134110 e J´Hayber 1731.

 En laboratorio realizáronse unha serie de probas, algunhas demasiado esixentes para zapatillas destas características, pero que, de tódolos xeitos, permiten establecer diferencias de calidade entre unhas e outras. Só Reebok, Nike Tour Plus e J´Hayber superaron polo menos aceptablemente tódalas probas. A mellor é Reebok, xa que J´Hayber mereceu un "regular" tanto na unión da punta á sola coma na resistencia da sola á flexión. E a de Nike amosou unha capacidade de amortecemento (9%) inferior á doutras, aínda que é ben certo que houbo outras peores, como Adidas Stan Smith e Avia Classic men, con amortecemento nulo. As probas nas que se detectaron máis a miúdo características ou prestacións deficientes foron a absorción da humidade da soleta, a unión da sola co resto da zapatilla e a xa mencionada capacidade de amortecemento.

Koops 20134110 foi a única con resultados insatisfactorios en probas esixibles a calquera calzado: resistencia á esgazadura, resistencia dos amallós ou resistencia da sola á abrasión. Slazenger 440205 e Avia Classic men tamén fallaron na resistencia da sola e nas unións entre sola e zapatilla. Tendo en conta tódolos resultados, a mellor das analizadas é Reebok, a máis cara, que ofrece prestacións superiores ás que se agardan dunha zapatilla de paseo. Só o modelo de J`Hayber pode discutirlle o galardón de mellor relación calidade-prezo a Reebok Classic, e faino polo seu competitivo prezo (custa 2.635 pesetas menos), xa que a súa calidade é inferior, aínda que aceptable para unha zapatilla de paseo.

Resistencia á esgazadura

Este test somete unha mostra rectangular do corpo da zapatilla a unha forza de tensión, unha vez iniciado un rachón. Mídese a forza precisa para esgazar completamente a mostra, e os datos indican a resistencia á esgazadura ou á ruptura da zapatilla. Só dúas decepcionaron. A de Slazenger obtivo un resultado tan só regular, pero o peor correspondeulle ó modelo de Koops, cualificado como malo. As maiores resistencias á esgazadura demostráronas as zapatillas de J`Hayber, Avia e Adidas, todas elas cun moi ben.

Resistencia á esgazadura

Este test somete unha mostra rectangular do corpo da zapatilla a unha forza de tensión, unha vez iniciado un rachón. Mídese a forza precisa para esgazar completamente a mostra, e os datos indican a resistencia á esgazadura ou á ruptura da zapatilla. Só dúas decepcionaron. A de Slazenger obtivo un resultado tan só regular, pero o peor correspondeulle ó modelo de Koops, cualificado como malo. As maiores resistencias á esgazadura demostráronas as zapatillas de J`Hayber, Avia e Adidas, todas elas cun moi ben.

Os amallós teñen a súa importancia

Unha das moitas probas para comproba-la calidade destas zapatillas consistiu en medi-la resistencia dos amallós. O ensaio tivo dúas partes: unha comprobaba a resistencia dos propios amallós á rotura, medindo a forza precisa para conseguilo. A outra parte da proba determinaba a probabilidade de que os amallós rompesen como consecuencia do rozamento continuado cos ferretes polos que pasan para ata-las zapatillas.

Para iso, sometéronse os amallós a movemento a unha presión constante (un quilo) rozando o ferrete, e medindo despois o número de ciclos preciso para rompe-los lazos.

Xa nos resultados, cómpre salientar que a resistencia á tensión dos cordóns resultou moi boa en tódalas mostras, agás en Fila (aceptable) e en Koops (só regular). Por outra banda, a resistencia ó rozamento co ferrete foi correcta nos amallós de tódalas zapatillas estudiadas.

Unha zapatilla, con soleta pouco resistente

Nesta proba, "resistencia da soleta á abrasión", sométese a soleta a 12.800 ciclos sobre unha superficie, para simula-lo rozamento interno do pé. Dános unha idea aproximada de cánto resiste esa peza interna á presión e rozamento do pé do usuario. O peor resultado obtívoo a zapatilla analizada de Koops, única que suspendeu o exame ó deteriorarse a súa soleta ós 6.400 ciclos. O resto das marcas superou moi satisfactoriamente o reto dos 12.800 ciclos.

Absorción da humidade, materia pendente

Este parámetro está relacionado coa comodidade e hixiene do calzado, pois mide a capacidade que ten para absorbe-la suor do pé do usuario. Unha mostra de cada soleta someteuse cada minuto á adición de 10 centímetros cúbicos de auga a unha presión de 80 Newtons, ata a saturación. Os resultados amosan a cantidade de auga absorbida por unidade de superficie da soleta, expresada en mg/cm2. O estándar de emisión media de humidade da planta do pé é de 10 gramos por cada hora de exercicio. Tendo en conta que un número 41 ten 170 centímetros cadrados de superficie, é preciso que cada centímetro cadrado de soleta absorba 60 miligramos de auga á hora para que poida absorbe-los 10 gramos requiridos. A zapatilla con mellor capacidade de absorción foi, e con diferencia con respecto a tódalas demais, Reebok Classic, que absorbeu 111 mililitros de auga. A súa capacidade alcanza case as dúas horas de exercicio, polo que obtivo un moi ben. Séguea, pero a distancia, Adidas, con 70 mililitros absorbidos. Nike, Avia e J`Hayber absorberon arredor dos 60 mililitros. Estas catro últimas zapatillas conseguiron un ben.

Slazenger absorbeu 49 mililitros e tivo que se conformar cun regular. Para rematar, Fila e Koops suspenderon, cos seus 31 e 16 mililitros absorbidos respectivamente na proba.

Resistencia da sola á flexión

Para avaliar esta prestación, máis relacionada co uso deportivo ca co paseo, realizaronse 100.000 ciclos de flexión en cada zapatilla e estableceuse o momento no que aparece a primeira regaña e o tamaño da rotura, se existe, ó final da proba. Simúlase o exercicio de andar, porque a sola, máis (en certos deportes, como o tenis ou o baloncesto) ou menos (nun tranquilo paseo), sempre se flexiona. Os modelos de Reebok, Nike, Adidas, Fila e Koops superaron os 100.000 ciclos sen rotura da sola, polo que aprobaron de xeito moi folgado. J`Hayber esgazou ós 45.000 ciclos cun corte de 25 milímetros ó final dos 100.000, o que lle fixo merecer un "regular". Slazenger esgazou ós 25.000 ciclos cunha regaña de 35 milímetros ó final da proba, polo que suspendeu.

E a zapatilla Avia esgazou ós 12.000 ciclos e a sola quedou totalmente rompida ós 75.000 ciclos, é dicir, antes do final da proba. A súa cualificación foi de "moi mal" nesta proba de resistencia á flexión da sola. De tódolos xeitos, como zapatilla de paseo pode servir.

A duración da sola, importante para calquera zapatilla

A proba que mide a resistencia da sola á abrasión (ou rozamento) indica aproximadamente o tempo que permanecerá a sola en bo estado tralo uso da zapatilla. Unha peza cilíndrica da sola cárgase cun peso de 1 decaNewton, arrástrase sobre unha superficie abrasiva de 40 metros, e mídese o volume de material perdido pola sola. Canto menos perda, maior resistencia terá ó desgaste polo rozamento co chan. A diferencia do que acontece con outros parámetros deste comparativo, calquera calzado de calidade debe superar esta proba. O mellor resultado obtivérono Fila e Nike. A zapatilla de Koops foi a única que suspendeu o exame: perdeu 284 mm3 de sola, mentres que as demais (todas ben) non chegaron a perder 200 mm3, e as dúas mellores quedaron en menos de 100 mm3 de desgaste.

A unión sola-resto da zapatilla, mellor nas de tipo cosido

Mediuse a forza de unión das diferentes partes das zapatillas e o tipo de unión (pegado ou cosido). As tres con unión tipo cosido (Reebok, Nike, Adidas) obtiveron un resultado moi bo. O resto depararon resultados dispares: a unión de Koops valorouse como moi boa, J`Hayber ten unha unión regular na punta, Avia falla aínda máis na unión da punteira e, para rematar, Slazenger presenta unha unión deficiente na parte central da sola aínda que boa no resto da zapatilla.

Enerxía restituída no talón, ou duración do amortecemento

Nesta proba comprímese o talón cunha forza de 400 decaNewtons e mídese a enerxía restituída, é dicir, a recuperación da forma orixinal. Canto maior sexa a porcentaxe de enerxía restituída, a duración do amortecemento é maior, xa que o material defórmase menos. Está tamén relacionada coa comodidade ó camiñar e coas posibilidades de sufrir molestias no talón. A duración de Avia foi a maior (61% de restitución de enerxía). Séguena Nike, Adidas e J`Hayber, aínda que as tres primeiras son precisamente as que menos amortecemento demostraron. Polo tanto, tendo en conta os dous parámetros, amortecemento e deformación, o mellor resultado é para J`Hayber. Koops só acadou o regular nesta proba dobre.

Flexibilidade lonxitudinal, ou a comodidade ó andar

Flexibilidade lonxitudinal, ou a comodidade ó andar Esta proba mide a forza precisa para dobra-la zapatilla 45 graos sobre o eixe lonxitudinal, acadando así unha simulación do movemento de andar e/ou correr. Segundo este exame, as zapatillas máis flexibles, e polo tanto máis cómodas, son as analizadas de Nike e Adidas. Séguenas Reebok e Koops. A máis ríxida é Avia, seguida de J`Hayber, Slazenger e Fila.

Outro test tamén relacionado coa comodidade é a capacidade de amortecemento do talón. Aplícase unha forza de 65 quilos sobre o talón e mídese a forza de reacción recibida, expresada como porcentaxe. Canto maior sexa o amortecemento no talón, menor forza de reacción se recibe. A mellor correspondeulle a Slazenger (30%). Séguena J`Hayber (28%), tamén cun ben, e Koops (25%) e Fila (23 %), aceptables, ó igual ca Reebok, que queda nun 16%. Nike demostrou o 9% de amortecemento, un valor só regular. Adidas e Avia resultan, de acordo con esta proba, as máis incómodas, xa que non amorteceron nada a forza aplicada, e mesmo a incrementaron un 3% e 4%, respectivamente. As dúas suspenderon este exame.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto