Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O hospital non lles comunicou ós familiares o falecemento dun paciente

Segundo acredita a sentencia do Tribunal Supremo do 19 de outubro do 2000, un paciente ingresou no Hospital Xeral de Valencia, de onde foi evacuado ó Hospital Arnaldo de Vilanova por sufrir unha hemorraxia dixestiva e estar en estado de coma. Ó día seguinte faleceu e pasou a ser colocado na sala mortuoria, lugar no que o atopou oito días despois unha traballadora do hospital. Isto motivou que o hospital recorrese á policía co obxecto de localizar á familia do falecido. Como consecuencia das xestións policiais, os parentes acudiron ó hospital para identificaren o cadáver e impúxoselle-lo pagamento dos gastos de embalsamamento, que ascendían a 95.000 pesetas, ó ser precisa esta medida para proceder á inhumación e saca-lo cadáver da cámara frigorífica. Un fillo do falecido demandou por danos morais ó Servicio Valenciano de Saúde, e este foi condenado en Primeira Instancia a indemnizar con medio millón de pesetas á familia do falecido. Sen embargo, este Servicio de Saúde recorreu a sentencia asegurando que o fillo se desentendera do seu pai, polo que mal podía agora reclamar danos morais. O Supremo contestou que aínda que en certas ocasións se cree distanciamento entre os membros da familia, nos momentos transcendentais xeralmente xorde o vínculo sentimental e que, neste caso, resultaría mesmo ofensivo para a familia sinalar que a morte do seu pai non lles ocasionou dor ningunha.

Para confirma-la sentencia de Primeira Instancia, o Supremo atende á neglixencia dos servicios hospitalarios, considerando que o hospital concorreu nun "lamentable esquecemento" do cadáver e se limitou a depositalo na cámara, despreocupándose por completo do mesmo, o que acredita, para o alto Tribunal, descontrol sanitario-burocrático, censurable desatención e carencia de elementais sentimentos de respecto cara a unha persoa falecida.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto