Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor adquiriu un equipo informático que lle custou 681.039 pesetas. Cando se dispuxo a utilizalo comprobou que non estaban instalados tódolos programas que mercara e que para poder instalalos precisaba guiarse por uns manuais que viñan redactados integramente en inglés.
Ante esta situación, demandou ó vendedor solicitando a resolución (cancelación) do contrato de compravenda, e non por defectos do producto, senón porque as instruccións para a súa instalación e uso viñan redactadas nunha lingua que non era oficial do lugar onde se produciu a compra; ademais, no caso de que lograra instala-los programas, non podería empregalos porque tódalas instruccións ó usuario estaban en inglés. Polo tanto, preguntábaselle ó tribunal se a ausencia de traducción a unha lingua oficial nun manual de instruccións ten relevancia abonda como para determina-la anulación do contrato.
A Audiencia Provincial de Barcelona, en sentencia do 4 de abril do 2000, considerou que estaba acreditado que o consumidor adquiriu un ordenador e varios compoñentes informáticos máis. De feito, o obxecto principal de compra foi a tarxeta AV máster, unha tarxeta de base para a utilización doutros programas de deseño. En relación a esta tarxeta, entregóuselle un disquete coa traducción ó castelán do manual, en inglés. Da súa lectura concluíase que era unha traducción literal do inglés, que non era clara nin total, pois moitas referencias se dirixían a menús que na pantalla aparecían en inglés e que non podían ser comprendidas polo usuario. Mantíñanse termos como costumize, use prefered devices only, mute all, line out e outros moitos. Ademais, no manual figuraban seccións que non estaban na traducción ó castelán e tampouco había gráficos que ilustrasen e facilitasen a comprensión, polo que o seu manexo era imposible.
Por todo iso, a Audiencia determinou que o sistema, ó non incorpora-la traducción a unha lingua oficial no noso país, resultaba inútil para o fin para o que fora mercado, polo que declarou resolto o contrato de compravenda coa consecuencia da devolución do equipo e do prezo, máis intereses, e con condena en custas á parte demandada.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI