Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha muller, nai de tres fillos, morreu nun accidente de coche. A causa última da morte foi unha lesión encefálica producida polo golpe.
O pai da falecida demandou á empresa fabricante do vehículo, un Citroën Xantia, por coidar que a lesión encefálica non se produciría se o airbag funcionara correctamente. O xuíz de Primeira Instancia do Xulgado número 2 de Zamora, en sentencia do 1 de setembro de 2000, considerou que quedou probado que o dispositivo do airbag non se accionou tralo golpe. A partir de aí, entendía o maxistrado que cumpriría determinar se a falta de activación do airbag podía considerarse a causa directa e inmediata do falecemento. As conclusións da autopsia e o impacto rexistrado no parabrisas enriba do volante levaron a que o xuíz determinase que este impacto no parabrisas se produciu coa cabeza da conductora, e isto fíxolle establece-la relación entre o falecemento por lesión encefálica e a falta de funcionamento do airbag, pois se se activara, impediría o violento golpe da cabeza contra o cristal.
Aplicando a Lei de Responsabilidade do Fabricante por Productos Defectuosos, o xuíz condenou a Citroën Hispania S.A. a indemnizar con 20 millóns de pesetas a cada un dos fillos da falecida, así como ó pagamento das custas do xuízo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI