Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Tralos excesos en gastos que caracterizan o Nadal e as rebaixas, a economía familiar queda resentida, se non exhausta. E é entón cando, instados pola urxencia e co lapis na man, nos vemos obrigados a reduci-los gastos.
Non hai fórmulas máxicas para gastar menos, pero seranos máis doado se reducímo-lo consumo de enerxía e contratamos tarifas económicas telefónicas, eléctricas ou de gas. Tamén podemos aforrar se obtémo-lo máximo rendemento do noso consumo de auga, gas e electricidade, adaptando os fogares: acumuladores, uso de lámpadas de baixo consumo, termóstatos, burletes para portas e ventás... Outra fonte de gastos susceptible de intervención é a cesta da compra: se pensamos mellor a lista e adquirimos só o que precisamos e buscando o mellor prezo, poderemos aforrar uns cartos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI