Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cámaras compactas autoenfoque: Prestacións aceptables para un usuario pouco esixente

Analizáronse 8 modelos de cámaras fotográficas compactas automáticas, as máis sinxelas, esas nas que non é preciso axustar manualmente a distancia, a velocidade de obturación nin a apertura do diafragma. Algunhas cámaras compactas, máis caras cás aquí estudiadas, incorporan prestacións avanzadas pero as analizadas non dispoñen destes avances. Por iso, o seu prezo é relativamente modesto: custan entre 8.400 e 10.950 pesetas.

Oito cámaras compactas, unha a unha

Canon prima AF-8

  • 8.400 pesetas. A mellor e máis barata. Polo tanto, a mellor relación calidade-prezo. O visor máis preciso. Unha das catro que tolera unha distancia menor de fotografía (80 centímetros). Ten autodisparador. Consegue boas fotografías en primeiros planos e en exteriores. Rebobinado automático. Boa luminosidade (apertura máxima de diafragma: 4.5).

Samsung Fino 30 S

  • 9.900 pesetas. En xeral, bos resultados. A precisión do visor, só regular. E a distancia mínima, un pouco excesiva (1,3 metros). É a única que ilumina realmente ben as escenas con flash (a unha distancia de 2,4 metros). Bos resultados en primeiros planos e fotos de exterior. Boa luminosidade (apertura máxima de diafragma: 4.5).

Minolta AF50 Big Finder

  • 10.950 pesetas, a máis cara. A terceira mellor nas probas prácticas. A máis completa en accesorios, ten unha pantalla dixital con informacións de interese. A maior velocidade de obturación e, en consecuencia, o mellor resultado nas fotos a obxectos en movemento. Conta con autodisparador e rebobinado automático.

Pentax PC 550

  • 9.900 pesetas. Resultados aceptables. Ben nas fotos en movemento. Distancia mínima, boa. O flash non alcanza a distancia anunciada. O seu visor non é moi preciso.

Konica AF200

  • 8.490 pesetas, a segunda máis barata. Resultados aceptables. Distancia mínima, boa. O flash non alcanza a distancia declarada. É a máis lixeira (152 gramos). O visor, pouco preciso. Non ten rebobinado automático nin autodisparador. Apertura do diafragma, escasa (6.3): pouca luminosidade.

Nikon AF 240SV

  • 10.290 pesetas. Resultados aceptables. Boa precisión do visor. Unha das menos pesadas. Carece de autodisparador. O rebobinado do carrete é automático. Distancia mínima, un metro.

Ricoh AF77

  • 10.500 pesetas. A única con dous tipos de visor (teno tamén panorámico). Bos resultados en primeiros planos. O resto, aceptable. A segunda mellor distancia de flash (3 metros). Boa apertura de diafragma (4.5).

Olympus XB41AF Trip

  • 9.900 pesetas. Resultados só aceptables en tódalas probas. Unha boa distancia mínima (80 centímetros). O visor non é moi preciso. Diafragma pouco luminoso (6.3).

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto