Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

O mareo: A variedade das causas dificulta o diagnóstico

Marearse é cosa frecuente e probablemente ocorreranos a todos máis dunha vez ó longo da nosa vida. Na maioría das ocasións trátase de episodios sen trascendencia que se presentan de forma illada e se resolven espontaneamente. Pero noutros casos, a sensación de mareo perdura, repítese e acompáñase doutros síntomas.

  E acaba por preocuparnos tanto que acudimos ó médico para que atope a causa desta afección aparentemente banal, pero que altera a nosa vida cotiá. A primeira dificultade xorde cando o afectado trata de describi-la sensación de mareo, xa que pode ser moi variada. Ás veces é sinxelo explica-los síntomas con precisión, porque se trata de sensacións vagas de desequilibrio, floxidade e malestar. Pero noutras ocasións resulta máis complicado e recórrese a termos como aturdimiento, baleiro na cabeza, vertixe e inestabilidade. Tanto os síntomas do que denominamos mareo como as causas que o orixinan conforman un labirinto que resulta moi complexo de desentrañar, de diagnosticar correctamente. Comecemos distinguindo tres cadros: o esvaecemento, a vertixe e o mareo sen esvaecemento nin vertixe.

El esvaecemento

O esvaecemento ou síncope, coñecido tamén como desmaio, é moi frecuente e débese a unha alteración momentánea da circulación sanguínea que acarrea unha caída pasaxeira da tensión arterial. A persoa afectada empalidece, pode perder totalmente o coñecemento e a mayoría das veces súa profusamente. Ás veces prodúcese de xeito súbito e outras comeza con sensación de enturbamento da visión, confusión... As causas que o motivan son moi variadas: emocións fortes, situacións de estrés agudo, visións desagradables, incorporacións bruscas, permanecer moitas horas de pé, ó sol ou en ambientes moi cargados e calorosos... Estes esvaecementos son os máis comúns, non entrañan gravidade ningunha e tampouco requiren tratamento médico. Para recuperarse é suficiente con tumbarse, levanta-las pernas e agacha-la cabeza entre as pernas durante uns minutos. Pero se, debido ó esvaecemento, a persoa afectada cae ó chan hai que comprobar que non se lastimara polo impacto e examinala por se se produciu contusións, cortes, feridas ou outras lesións. Non obstante, un síncope destas características pode tamén ser manifestación dunha alteración máis seria, como unha afección cardiaca. Arritmias, trastornos da conducción e enfermidades valvulares son as máis frecuentes. Por iso, considerando que un desmaio pode ser tanto un accidente sen importancia como o síntoma dun trastorno grave, e por moi trivial que pareza o episodio, require unha revisión médica especialmente dirixida a descartar calquera patoloxía cardiaca.

A vertixe

Cando os mareos se acompañan de sensación de movemento e xiro do que nos rodea, témo-la impresión de que caemos ou perdémo-lo equilibrio e ademais sentimos nauseas, ganas de vomitar e suoración, atopámonos probablemente ante un caso de vértixe, sensación desagradable que dura segundos, minutos ou horas. Son moitas as causas que provocan estas vertixes: a máis frecuente é a vertixe posicional paroxística benigna, afección benigna pero molesta e que pode revestir certa gravidade. Ó move-la cabeza desencadéase unha crise de vertixe que se prolonga uns segundos ou minutos. A vertixe acompáñase dunha gran sensación de angustia e pode supo-la caída da persoa afectada. As crises desencadéanse con determinadas posturas da cabeza. Hai un tratamento farmacolóxico para este tipo de vertixe, pero a rehabilitación vestibular (exercicios de movementos da cabeza para reeduca-lo órgano do equilibrio) é máis eficaz cá medicación. As infeccións virais, moi frecuentes en inverno, poden afecta-lo oído ou o nervio vestibular e orixinar tamén vertixes que se asocian á enfermidade respiratoria. Son pasaxeiras, de carácter benigno e ceden ben ante o tratamento médico.

En persoas adultas e maiores unha causa de vertixe é a Síndrome Meniére, afección caracterizada por unha perda de audición (hipoacusia), ruídos nos oídos (acúfenos) e crises vertixinosas. Así mesmo, os individuos de idade moi avanzada que sufriron un accidente cerebrovascular (trombose, isquemia, embolia) poden sufrir vertixes.

Temos hoxe á nosa disposición todo un arsenal terapéutico para o tratamento da vertixe, pero non sempre se pode erradica-la súa aparición. Cando sobrevén un episodio de vertixe, o afectado debe someterse a unha exploración neurolóxica e otorrinolaringolóxica como primeiro paso para establece-lo diagnóstico da causa da vertixe e dar co tratamento axeitado.

Outros mareos

O mareo sien síncope nin vertixe case nunca reviste severidade pero dar coa súa causa é realmente difícil. A experiencia médica revela que o afectado por estes mareos refire normalmente te-la cabeza "coma oca", a vista nubrada e padece-la sensación de que vai caer ou perde-lo coñecemento, a pesar de que nunca chegue a producirse esta última circunstancia. As exploracións que se realizan ó paciente deparan datos normais e os síntomas achácanse á tensión baixa, anemia, hipoglucemia ou tensión arterial elevada pero rara vez están relacionados con estes problemas. La sensación de mareo sen síncope nin vertixe é frecuente en persoas ansiosas, estresadas ou con cadros depresivos leves ou subclínicos (que a penas se manifestan) e pode reflectir un trastorno de somatización (unha expresión física) de problemas psicolóxicos. Outras veces pode darse en persoas que sofren migraña, esgotamiento, estrés laboral, insomnio... ou (moi común), problemas coa vista. A hiperventilación, que padecen os que respiran cunha frecuencia respiratoria excesiva e movilizan máis aire do habitual nas súas respiracións, é así mesmo causa frecuente desta sensación de mareo. O normal é respirar unhas 15 veces por minuto e a cantidade de aire que se move en cada respiración é duns 0,5 litros.

En pocas palabras, los mareos...

O ser humano relaciónase co seu contorno a través dos sentidos, e o equilibrio é a resultante do correcto funcionamiento dos circuítos biocibernéticos cerebrais que reciben información dos órganos dos sentidos como a vista, o oído, o nariz e de toda unha rede de receptores situados por todo o corpo.

Unha persoa con mareos persistentes debe ser coidadosamente estudiada polo médico ata aclara-la causa deses mareos.

Nos mareos con síncope ou esvaecemento, a causa máis frecuente (excluídos os casos de tipo reflexo por emocións fortes, tos, dor, etc) é a cardiovascular, o que obriga a unha revisión cardiolóxica.

Cando se produce crise de vertixe, a exploración neurolóxica e otorrinolaringolóxica é obrigada. Polo xeral, a patoloxía do labirinto (órgano do equilibrio situado no oído medio) é benigna, aínda que desagradable.

Se o mareo non se acompaña de vertixe nin de síncope e non hai outra enfermidade acompañante, a causa psicolóxica debe ser tida en conta.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto