Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Telefónica presentou un recurso para anular unha reclamación dunha usuaria polo importe dunhas chamadas efectuadas os días 6 de xaneiro e 19 de marzo de 1999, ás que se aplicaron as tarifas de días laborables, cando a usuaria do servicio cría que se trataba de días festivos. E a usuaria estaba no certo. Por resolución da Dirección Xeral de Traballo, eses días si foron festivos nesta Comunidade Autónoma de Castela e León. Di a Audiencia Provincial de Burgos, en sentencia de 5 de xaneiro de 2000, que non é obriga do usuario informarse, como aducía Telefónica, se en determinados días rexe a tarifa de festivos ou non.
Segundo esta compañía, a súa responsabilidade xorde se facilitan unha respuesta errónea. Pero a Audiencia afirma que non era preciso que a consumidora solicitara información a través da Liña de Atención Persoal 1004 sobre se os citados días eran festivos ou non, xa que puido razoablemente pensar que Telefónica mantiña as tarifas propias deses días (festivos) para esas datas. Polo anterior, impóñense a Telefónica as custas do recurso porque, dada a escasa contía económica da reclamación, 736 pesetas, unha conducta máis moderada e prudente aconsellaría conformarse coa resolución arbitral e, desde logo, non presentar coma de orde pública unha reclamación de tan ínfima contía.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI