Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente sufriu unha infección polo virus estafilococo aureus durante unha intervención cirúrxica. A causa da infección, estivo incapacitada 189 días e quedáronlle como secuelas dúas cicatrices no pescozo. O Tribunal Supremo dispuxo que a paciente fora indemnizada con dous millóns de pesetas máis intereses, atendendo ó tempo de incapacidade e ás secuelas. O Supremo entende na súa resolución que aínda que en ocasións o risco e o dano son consecuencias inevitables da actividade curativa, polo que o risco debe ser soportado polo paciente sempre que fora informado da súa existencia, neste caso demostrouse que o servicio de saúde non adoptou as medidas preventivas correspondentes (como un tratamento preventivo de antibióticos). Segundo recolle o fallo de 13 de xullo de 2000, non quedou acreditado que o dano sufrido pola paciente fose consecuencia inevitable da operación, polo que non existe no paciente o deber de soportalo. Así, en virtude da declarada responsabilidade do Servicio Andaluz de Saúde, condenóuselle a paga-la indemnización solicitada.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI