Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
A Unión de Consumidores de España (UCE) remitiu a un laboratorio autorizado mostras de conservas de mexillón, ameixa e berberecho de distintas marcas para comproba-lo contido en metais deses productos. Unha mostra presentou unha cantidade de cadmio superior á permitida e a UCE comunicou ó Concello de Madrid, ó Instituto Nacional de Consumo e á Dirección Xeral de Consumo de Madrid os feitos, para despois solicita-la retirada inmediata do mercado dese producto. O seu comunicado de prensa emitiuse en TVE. A empresa propietaria da marca afectada demandou á UCE e a TVE por entender que a denuncia da UCE non era veraz e que TVE non realizara as comprobacións oportunas, tendo en conta que a denuncia administrativa foi sobreseída, e solicitou unha indemnización de 75 millóns de pesetas. O Tribunal Supremo desestimou a demanda en fallo de 6 de xuño de 2000. En primeiro lugar, porque a actuación da UCE é lexítima ó denuncia-lo que entendeu coma contraproducente para o consumo humano, obxectivo lícito e titelado polo ordenamento xurídico. E o feito de que a denuncia administrativa fora finalmente sobreseída non implica actuación culposa ou neglixente da UCE. En canto a TVE, estimou o Supremo que exerceu o dereito a comunicar libremente información veraz xa que tan só difundiu que a UCE presentara unha denuncia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI