Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O copropietario dunha casa conserva a súa titularidade aínda que non pagara o imposto de bens inmobles

Hai un par de anos comprei cun amigo unha casa vella coa intención de rehabilitala e explotala. A escritura está a nome dos dous, pero no proxecto de obras só figura el, porque só podía aparecer un nome e o seu constaba primeiro na escritura. Por diversas circunstancias, decidimos abandona-los plans, pero agora el púxose en contacto comigo para dicirme que ó pagar el a contribución desde que se efectuou a compra, pasa a se-lo único dono legal da casa. ¿É isto certo? ¿Cal é a miña situación? ¿Que pasos debo seguir para arranxar este problema?

A dúbida que se presenta nesta consulta é se o feito de que só un dos copropietarios dunha vivenda ou casa abonara o Imposto de Bens inmobles (IBI) desde a data da compra (hai dous anos) lle outorga o dereito á completa titularidade do inmoble. A resposta é non, e o que o lector ha de facer é pagarlle ó outro copropietario a metade da cota abonada por este en concepto de IBI. En canto ós pasos a seguir, debería abona-la súa parte de IBI ó outro copropietario e deixar constancia de que o fai. Se paga en metálico e en man, haberáÅ de esixir un recibo que explicite* o concepto do pagamento. Para evitar estas situacións no futuro, poderían domicilia-lo imposto nunha conta común (de carácter mancomunado ou solidario, segundo sexan as súas relacións e intereses) na que ambos copropietarios fagan atribucións de igual importe para cubrir este ou outros gastos comúns da casa.

Conforme á normativa fiscal -Lei Xeral Tributaria (LXT) e Lei de Facendas Locais, quen está obrigado ó cumprimento das prestacións tributarias é a persoa natural ou xurídica titular do ben. Se son dous ou máis titulares deberán facer fronte ó pagamento de xeito solidario fronte á Facenda Local. Segundo a lexislación vixente, se unha das partes non fixo fronte, o outro copropietario pode reclamarlle o 50 % da cota abonada por el en concepto de Imposto de Bens Inmobles, pero non ten base legal para esixi-lo dereito á completa titularidade da casa.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto