Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Nunha comunidade de propietarios, acabada unha Xunta, a acta debe pecharse coas sinaturas do presidente e do secretario nun tempo máximo de 10 días. Pero se se pecha posteriormente, por exemplo ó mes, ¿pode ser motivo de impugnación da acta? Por outro lado, unha vez redactada a acta debe enviarse ós propietarios, pero ¿cal é o tempo máximo que debe pasar para este envío, para que se así o estiman os veciños poidan remiti-las pertinentes rectificacións? ¿Enviala con demora é motivo de impugnación?
Qué facer Respecto á primeira pregunta, se é motivo de impugnación pecha-la acta transcorrido un mes desde que tivo lugar a Xunta cando a Lei de Propiedade Horizontal (LPH) fixa o prazo máximo de dez días, a resposta é non. Sen embargo, como o peche da acta fixa o momento a partir do que os acordos recollidos na acta son executivos, se a acta se pecha con demora, os acordos adoptados tamén serían executivos con demora. E de aí poderían derivarse, en función da natureza e do contido dos acordos, danos e prexuízos para a comunidade no seu conxunto, que serían responsabilidade do presidente e do secretario por falta de dilixencia no cumprimento das súas obrigas legais, pero que non lexitiman a impugnación da acta.
Sobre a impugnación dos acordos, o artigo 18 da LPH considera como causas de impugnación os casos nos que os acordos sexan contrarios á Lei ou ós estatutos, resulten lesivos para os intereses da propia comunidade e/ou supoñan un grave prexuízo para algún propietario que non teña obriga xurídica de soportalo ou se adoptaran con abuso de dereito. Non se fala de prazos.
Non obstante, o propietario ou propietarios, se así o consideran, deberían esixir por escrito ó presidente e ó secretario que cumpran as súas obrigas dentro do prazo. Tamén o propietario, ou a Xunta de Propietarios, podería reclama-los danos e prexuízos que ocasione a demora ó presidente e secretario pola súa neglixencia.
En canto á súa segunda cuestión, sobre o prazo para enviárlle-la acta unha vez pechada ós propietarios e se a demora é motivo de impugnación, a acta débese remitirÅ ós propietarios de acordo co procedemento establecido no artigo 9, que non sinala un prazo legal para iso. O que a lei establece é unha simple obriga de boa administración que recae sobre o presidente. O incumprimento desta obriga podería ocasionar danos e prexuízos e a obriga de indemnizalos, pero conforme ó artigo 18 da Lei non se poden impugnar acordos. O que a Lei si impón é a obriga de notificar ós propietarios ausentes conforme ó procedemento do artigo 9, pero tampouco neste caso fala de prazos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI