Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Protexerse do inverno: As claves: hidrata-la pel, a roupa axeitada e unha alimentación adaptada ó frío

  O inverno, polas baixas temperaturas e as chuvias que o caracterizan, resulta menos agradable cás estacións cálidas, e indubidablemente cáusanos unha certa incomodidade, retráenos do contacto coa natureza e incítanos a recluírnos nos nosos fogares. Para sobrelevar* dignamente o inverno e afrontalo con bo talante, podemos adoptar algúns hábitos moi útiles para que as repercusións menos desexables do frío pasen a un segundo plano.

Coidado coa pel

  • Hidratación, protección e nutrición son os coidados básicos que necesita a pel para loitar contra os efectos do frío e dos cambios bruscos de temperatura.
  • Protexa a súa pel cunha crema hidratante máis consistente, rica e graxa da que utiliza en verán, para evita-la perda da capa hidrolipídica da pel. A graxa é o primeiro illante contra o frío.
  • As persoas con cutes sensibles ou problemas de rosácea ou cuperose* deben mostrarse coidadosas cos cambios bruscos de temperatura, xa que poden dana-la pel a longo prazo.
  • Non esqueza o coidado do resto do corpo. O abuso de prendas de abrigo demasiado pechadas ou cinguidas e a falta de osixenación impiden que transpiremos correctamente, o que pode provoca-la descamación* da pel.

Labios, mans e nariz

  • Para evitar que os seus labios se corten ou resequen, protéxaos con hidratante labial ou pintalabios*.
  • As mans tamén sofren en inverno. Aplíquese a diario unha crema hidratante e use luvas se a exposición ó frío é prolongada.
  • Se o seu nariz tende a enroxecer* a causa do frío, elimine da súa dieta todo o que lle provoque mala circulación (como café, alcohol, picante ou tabaco).

Aumenta-la inxestión de vitaminas e froitos secos

  • Combata as agresións do inverno tomando vitaminas A e C. A vitamina A (preferentemente, na graxa do leite, manteiga, margarina enriquecida, queixos, fígado e na xema de ovo), defende a pel do frío, evita a sequidade da cute, e as gretas nos labios, e mesmo prevén a formación de sabañóns*. A vitamina C (abunda en cítricos, tomates, pementos verdes, coliflor e verduras en xeral) aumenta as defensas e axuda a previr catarros e resfriados*.
  • A ausencia de sol, tan propia dos días invernais, diminúe a capacidade do corpo para asimila-la vitamina D, que regula a absorción de calcio e fósforo. Por iso, ás mulleres con problemas de osteoporose pódelles convir inxerir un suplemento extra de calcio (1.000 mg ó día).
  • En inverno, o corpo necesita máis calorías para se defender do frío. Engada na súa dieta pequenas cantidades de froitos secos e endoce* o leite e o café con mel.

Deporte, tamén en inverno

  • Practique exercicio físico: entrarÅ en calor e combate-lo frío.
  • Afecciónese á sauna ou ós baños de vapor. Son excelentes para que o corpo súe e elimine toxinas, importante en calquera época do ano.
  • Os afeccionados a deportes de inverno deben extrema-las precaucións cando se expoñen ós raios solares e ás baixas temperaturas das altas montañas. Evite alerxias e queimaduras solares aplicándose crema protectora (factor de protección mínimo: 15) cada dúas ou tres horas. Non esqueza os labios, son especialmente sensibles.

Evitar cambios bruscos de temperatura

  • Se vai expoñerse a temperaturas moi baixas, elixa prendas de abrigo de tecido térmico. Mantén a pel seca, conserva a calor e permite que se evapore a suor.
  • Evite os cambios bruscos de temperatura. Os extremos son prexudiciais.
  • Manteña a temperatura da súa vivenda arredor dos 22 graos, pero lembre que a humidade é necesaria para evitar que a atmosfera se cargue demasiado. A media de humidade idónea para mante-la frescura do ambiente é do 60-70%. Para conseguila, pode instalar un humidificador cerca dos radiadores.


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto