Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

Ioga e taichi: O Nadal lonxe da casa, sen traballo nin vivenda

O ioga e as prácticas orientais de relaxación están de moda. Se nos oitenta triunfaron o culto ó corpo esvelto e musculoso, o aeróbic e as táboas con aparellos de forza, nos noventa comezaron a introducirse de forma case masiva en Occidente as prácticas de relaxación do corpo e as técnicas que exercitan a mente en busca do equilibrio.

  Cada vez máis centros ofrecen a posibilidade de achegarse a estas disciplinas milenarias procedentes das ricas culturas orientais. Algúns estudiosos afirman, guiados por vestixios na simboloxía e a arte de Exipto e de América precolombina, que o ioga xurdiu na antiga Atlántida, pero o certo é que se conservou e perfeccionou durante séculos por sabios ioguis (maestros do ioga) na India. Nas súas orixes excluía a idea de Deus, aínda que en épocas máis tardías se incluíu o sentido espiritual que prevalece na vertente de autorrealización.

Pero o ioga e o taichi (de orixe chinesa) son ante todo ciencias da saúde, entendendo o concepto saúde no máis amplo sentido da palabra e afastado do misticismo ou da metafísica. O ioga non é, polo tanto, unha religión, unha técnica ximnástica ou unha filosofía, senón unha disciplina que ordena o cuerpo e a mente, do mesmo xeito que o taichi é algo máis ca unha arte marcial, xa que se considera un sistema de defensa persoal que se ben proporciona seguridade, potencia a relaxación e a concentración.

É mellor comezar na adolescencia

A práctica do ioga diríxese a persoas fisicamente sas, aínda que pode utilizarse para tratar algunhas enfermidades menores e correxir defectos de postura. Segundo os ioguis, o ideal é introducirse nesta práctica durante a adolescencia, debido a que así o corpo é capaz de alcanzar gran flexibilidad. Non obstante, aseguran que calquera idade resulta válida para iniciarse con éxito, xa que a flexibilidad é só un dos compoñentes das posturas ou asanas (calquera posición que poida manterse longo tempo con comodidade). As diversas correntes de ioga tamén coinciden en afirmar que convén comezar a practicalo nun centro especializado para aprende-las técnicas básicas. Precísanse tres o cuatro anos, pero convén que alumno adapte o exercicio do ioga ó seu propio desenvolvemento e necesidades e practique de maneira individual no seu domicilio aínda que se aconsella seguir en contacto co profesor e abrirse a outros métodos que complementen o estilo propio.

Técnicas e métodos

  As técnicas e os métodos do ioga que foron universalizados (hai oito ramas básicas) son as prácticas do Hatha Ioga (exercicios físicos) e do Radja Ioga (exercicios mentais). O primeiro grupo, Hatha Ioga, fórmano as normas psicofisiolóxicas para asimila-las prácticas internas do Raja Ioga, ou normas de control, desenvolvemento e perfeccionamiento psicomental.

Hatha Ioga. 'Ha' significa sol e 'Tha' lúa, e refírense a que esta disciplina busca equilibra-las enerxías solar e lunar do organismo, que corresponden ó lado dereito e ó lado esquerdo do corpo, os sistemas nerviosos simpático e parasimpático, as canles de enerxía vital na columna, os hemisferios dereito e esquerdo do cerebro, etc. Para lograr este equilibrio utilízanse as seguintes técnicas:

  • Asanas: posturas dinámicas e estáticas para desenvolver no corpo forza, flexibilidade, resistencia, coordinación, ritmo, equilibrio e ton adecuado.
  • Pranayamas: técnicas de regulación consciente do ritmo respiratorio, para quecer, enfriar, equilibrar e distribuír axeitadamente a enerxía vital do organismo a través da inhalación, a exhalación e a retención do alento
  • Mudras: técnicas xestuais de recanalización e dinamización da enerxía vital cara a puntos específicos do corpo.
  • Bandhas: técnicas de contracción nalgunhas partes do corpo para bloquear, concentrar ou conte-la enerxía en certas zonas do organismo.
  • Shatkarmas: técnicas de purificación e limpeza interna, como limpeza das fosas nasais, dos ollos, dos seos frontais, da lingua e de todo o aparato dixestivo, en especial do intestino.

Radja Ioga. Significa Ioga Real e persegue interioriza-la conciencia a través da relaxación profunda. Ademais, posibilita a percepción de diferentes puntos do corpo e de diversas sensacións, emocións e pensamentos. Aspira á concentración e á meditación (contemplación concreta ou abstracta).

O Hatha Ioga é a máis extendida e popular destas dúas doutrinas, porque resulta fácil de asimilar e practicar e se alcanzan pronto os beneficios que proporciona. Os expertos aseguran que permite lograr un corpo saudable, elástico, harmónico e resistente, así como mellora-la concentración, a atención e a memoria. O seu desenvolvemento tamén permite adquirir unha maior firmeza de carácter, de disciplina e de vontade, calidades que combaten os trastornos psicolóxicos e agrandan a conciencia.

Taichi, arte marcial chinesa

O Taichi é unha arte marcial que reúne unha vasta variedade de técnicas e disciplinas de grande antigüidade e tradición na cultura chinesa. Xurdiu no século XIII da man do mestre Zhang Sanfeng, que uniu milenarios coñecementos taoístas sobre enerxía vital cos coñecimentos sobre a fisioloxía do corpo humano. Así, entrou nun coñecemento dos meridianos polos que circula a enerxía vital, desenvolveu a teoría dos opuestos: Yin-Yang, e o seu equilibrio, adaptou a teoría e simboloxía dos cinco elementos, o principio do continuo movimento do universo en círculos e espirais. O Taichi considera o ser humano como un microcosmos dinámico unido ó macrocosmos, ó universo, na súa totalidade.

Esta disciplina non presenta esixencias ou limitacións especiais: segundo os seus mentores, calquera persoa que desexe mellora-la súa saúde física e emocional e alcanza-lo equilibrio de corpo e mente obterá beneficios notables. A súa práctica podería mellora-las doenzas circulatorias, respiratorias, dixestivas, nerviosas e reumáticas. E axuda a adquirir hábitos de vida saudables, a controla-lo estrés e o sedentarismo e pode ser un complemento doutros tratamentos para vencer hábitos tóxicos como alcoholismo e tabaquismo.

Desde unha perspectiva marcial, o Taichi é un sistema de defensa persoal que proporciona seguridade ó usuario, que logra coñece-la súa propia forza e a dos demais. Segundo aseguran os mestres desta disciplina marcial, a práctica continuada do Taichi permite (xa nun estadio posterior, de iniciado) a transformación da enerxía vital (o Qi) en Shen ou enerxía espiritual. Esta transformación é a base da alquimia taoísta; lograr equilibra-las enerxías Yin-Yang que conforman e rexen o corpo e o universo. A práctica da meditación, iso si é indubidable, proporciona normalmente relaxación e concentración. Hoxe é máis fácil achergarse a estes coñecementos, xa que moitas técnicas que antes se mantiñan en segredo e só se ensinaban ós practicantes máis avanzados ou discípulos máis selectos, se transmiten agora abertamente co fin de beneficiar a tódalas persoas.

Constancia e paciencia, imprescindibles para conseguir resultados

O ioga occidental busca a relaxación, pero requírese tempo, unha certa disciplina (para segui-las regras) e boas doses de paciencia para conseguir beneficios perceptibles. Todo iso, ademais do tempo necesario para a práctica do ioga (unha hora por sesión). A pesar de que hai abundante bibliografía sobre filosofías orientais, o máis adecuado é iniciarse no ioga da man dun experto. Así cumpriranse sempre as normas básicas:

  • Realiza-los asanas (as posturas) co estómago baleiro e, se é posible, cos intestinos e vexiga tamén baleiros.
  • Non practicar asanas inmediatamente despois dun esforzo físico ou dunha exposición prolongada ó sol.
  • Pódese beber un vaso de auga antes e despoius das asanas, pero non se han efectuar exercicios violentos nin tomar unha ducha fría inmediatamente despois.
  • Convén elixir unha habitación ampla, con boa aireación e luminosidade. Se vai frío ha de utilizarse roupa deportiva ampla e de fibra natural (algodón, la...) e se vai calor, a menor cantidade posible de roupa.
  • Ó finaliza-los asanas, hai que se abrigar, ou tapar cunha manta. - Pódese oír música relaxante pero non é necesario e, en ocasiones, pode resultar contraproducente.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto