Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

Talleres de reparación de vehículos

  Este pasado ano 2000 rematará en España con aproximadamente 90.000 accidentes de tráfico que ocasionaron víctimas. A estatística facilitada pola Dirección Xeral de Tráfico (DVT) o pasado 15 de decembro falaba de 3.466 accidentes mortais con 4.050 falecidos, o que significa un 9% menos ca en 1999. Esta cifra, a pesar da diminución rexistrada, segue sendo dramática e aínda que os motivos que se apuntan para tan elevada sinistralidade son tan numerosos coma diversos, tódolos expertos coinciden en sinalar que mante-lo automóbil en perfecto estado pode reducir significativamente o número de accidentes. E máis aínda no inverno, cando o conductor usará o seu coche en condicións atmosféricas difíciles: neve, xeo, néboa, choiva... polo que o paso polo taller de reparación e mantemento de vehículos debería ser un hábito para calquera conductor, e non só para previr accidentes senón tamén para lograr unha maior seguridade e comodidade na conducción. Debemos perde-lo medo ós talleres, xa que o desembolso sempre necesitará a conformidade do cliente antes de que o taller comece a traballar. Pasaron os tempos en que deixa-lo coche no taller supoñía resignarse e acepta-la incerteza de cál sería o montante final do gasto. Desde 1987, a lei obriga os talleres a cumprir uns requisitos que protexen os dereitos do consumidor.

O usuario ten dereito a solicitar un presuposto

En España hai censados máis de 22 millóns de vehículos, dos que case 17 millóns son turismos. Non estraña, polo tanto, que no noso país operen nada menos que 51.203 talleres de reparación que dan traballo directo a 180.000 persoas. Para garanti-lo bo servicio e o respecto ós dereitos do consumidor, estes talleres están suxeitos a unhas normas que deben cumprir de xeito estricto.

Tódolos talleres deben lucir en sitio visible unha placa metálica distintiva, de cor azul, cos símbolos que indican o tipo de reparación que poden efectuar. Así mesmo, hai un horario que sinala as horas de servicios usuais e as de prestacións especiais.

Antes de acepta-la reparación dun vehículo, temos dereito a solicitar un presuposto, que goza dunha validez de 12 días hábiles e no que deben figura-los seguintes datos:

Número de taller no Rexistro Especial, identificación fiscal e domicilio.

Nome e domicilio do propietario do vehículo.

Identificación do vehículo, marca, modelo, número de quilómetros percorridos e matrícula.

Reparacións que se deben efectuar, elementos para reparar e/ou substituír e calquera outra actividade con indicación do prezo total e especificado, que debe aboa-lo cliente.

Tempo de validez do presuposto (como mínimo, 12 días hábiles).

Espacio para data e sinatura do usuario, cando este acepte o presuposto.

Cando o usuario renuncia ó presuposto previo á reparación do seu automóbil debe consta-la frase preceptiva "Renuncio ó presuposto" do puño e letra do cliente, así como a sinatura deste. Así mesmo, o taller terá a disposición do público a xustificación documental da orixe dos repostos que monta e os seus respectivos prezos. Deberá entregarlle ó cliente as pezas substituídas, e cando exista a posibilidade de elixir pezas usadas deberá contar coa conformidade escrita do cliente.

A novas avarías detectadas deben comunicarse ó cliente

Unha vez que o cliente aceptou o presuposto, o documento debe ser rubricado polo responsable do taller xunto á data de contrato. Ademais, figurará a data prevista de entrega do vehículo reparado e un resgardo de depósito cando se teña que deixa-lo coche no taller (normalmente serve como resgardo o mesmo presuposto). Por outra parte, se no transcurso da reparación se detectaran outras avarías, o taller deberá comunicalo ó cliente xunto coa valoración dese custo engadido e solicitarase a confirmación do propietario para poder seguir traballando e arranxa-las novas avarías. Polo tanto, debe aceptarse o novo presuposto. Neste caso, o contrato oral podería ser válido pero o cliente ten dereito a reclamar un novo formulario, e esta, aínda que resulte algo máis insidiosa, é a práctica recomendada.

As tarifas, claras

Tódolos talleres deben exhibi-las tarifas que aplican por hora de traballo (estímase entre 5.000 e 6.000 pesetas o custo por hora da man de obra) e polos servicios concretos (cambios de aceite, picadas, revisións periódicas, etc.). Igualmente, anunciarán os prezos doutros servicios que poidan realizarse fóra da xornada normal de traballo (servicios de grindastre, gastos diarios por estancia). Tódolos prezos han de exporse diferenciando a parte correspondente a impostos, cargas ou gravames.

Cando o usuario retire o seu coche e aboe os gastos de reparación, recibirá sempre unha factura que especifique tódolos traballos realizados co prezo das horas detallado, así como a descrición dos elementos ou pezas substituídas (que poden ser reclamadas polo cliente) e materiais empregados. Loxicamente, a factura aterase ó presuposto aceptado polo cliente. Por último, tódalas reparacións teñen unha garantía mínima de tres meses ou 2.000 quilómetros percorridos, pero se se trata de vehículos industriais a garantía caduca antes, ós 15 días ou 2.000 quilómetros. A garantía perde a súa validez se o vehículo é manipulado por terceiros.

Os servicios máis demandados

As avarías máis usuais (deixando á marxe accidentes, roubos, etc.) son as que se producen no sistema eléctrico, seguidas das producidas polo tubo de escape e catalizador. Case o 40% das visitas ó taller son por estes motivos. Tamén son moi comúns os problemas na dirección do automóbil, así como a converxencia das rodas, xeran o 10% dos presupostos por avaría. Séguenlle os danos na columna de suspensión, por desgaste natural ou por continuos golpes contra os bordos. As avarías de motor, máis custosas, representan o 20% e proveñen da imposibilidade de pó-lo vehículo en marcha ou de fallos na alimentación.

A refrixeración, a inxección e o equipamento interior (asentos, aire acondicionado, cadro de mandos...) tamén destacan pola asiduidade coa que son obxecto de reparación. De todas formas, salvo que sexa debido a un accidente ou a un problema grave no motor, o recambio máis crítico é sempre o cambio do cable do embrague, compoñente sensible e de difícil reparación pero que require cambios cada certo tempo, pois, polo xeral, os conductores frean mal, utilizando en exceso o embrague, o que ademais tamén consome en exceso os freos que tamén precisan revisións periódicas.

A vida do vehículo prolóngase se se realizan as revisións periódicas recomendadas. A obrigación de pasa-la Inspección Técnica de Vehículos (ITV) axuda a que o conductor manteña o coche en condicións: cada ano, son rexeitados na revisión dous millóns de vehículos no noso país e ó menos 100.000 deles non logra superala nin sequera despois de seren revisados e reparados.

Revisións periódicas recomendadas. Criterios xerais

Cada 10.000 quilómetros

  • Cambio de aceite (se é mineral).
  • Filtro do aceite. Filtro do aire.
  • Filtro do habitáculo (cada ano).
  • Vasoiriñas, limpaparabrisas (cada ano).

Cada 15.000-20.000 quilómetros

  • Aceite (se é sintético).
  • Filtro de combustible (cada 20.000 Km e cada 10.000 Km. se é diesel).

Cada 40.000 quilómetros

  • Correa bomba de auga (verificar co taller).
  • Freo de man (verificar co taller).
  • Líquido de freos.
  • Pastillas de freo.
  • Líquido embrague.
  • Liquido refrixerante (ou dous anos).
  • Buxías (se son de platino 100.000 Km.).
  • Revisar mangueiras de freo (cada 30.000 Km.).
  • Revisar manguitos.

Cada 50.000 quilómetros ou máis

  • Pneumáticos (máximo 50.000 quilómetros).
  • Aliña-la dirección. Amortecedores (ós 50.000 Km.).*
  • Escape (80.000 quilómetros).
  • Discos de freo (de 80.000 a 100.000 Km.).
  • Correa de distribución (cada 60.000 Km. ou 70.000 Km.).
  • Airbag (cada 10 anos).

Cómo conducir no inverno

O vento, a choiva, a neve, o xeo ou a néboa dificultan a conducción e hai que estar atento ós riscos que entrañan. O vento non se detecta moitas veces ata que bambea o vehículo e o desvía da súa traxectoria, por iso é bo observa-la inclinación de plantas e arbustos do bordo da estrada e cara a qué lado o fan para estar precavidos. Hai dúas situacións nas que se debe ter especial coidado: ó adiantar a outro vehículo -sobre todo se é voluminoso- e ó saír dunha zona protexida por edificios, montículos ou túneles a outra chaira. En ambos casos debe diminuírse a velocidade, suxeitar firmemente o volante e ir corrixindo a traxectoria. Pero con movementos suaves, xa que rectificar bruscamente co volante pode orixinar viraxes. Convén manter un certo grao de aceleración (reducir a unha marcha inferior), para que a forza do motor axude a mante-la traxectoria.

O efecto da choiva é peor ó principio. Cando comeza a chover, a auga mestúrase co po e a graxa do asfalto e o firme faise moi esvaradío. Despois aumenta algo a adherencia e faise máis uniforme, aínda que se hai moita cantidade no chan, poden patina-las rodas (o efecto acquaplanning). Convén aumenta-la distancia de seguridade co vehículo que nos precede e reduci-la velocidade, sobre todo en curvas, procurando frear antes de chegar a elas, en liña recta. Os movrmentos de volante deben ser suaves e progresivos.

Para a neve, a DXT estableceu, e identificou con cores, catro niveis de dificultade para circular con neve.

O nivel verde serve de clave cando comeza a nevar: non hai que supera-los 100 quilómetros por hora en autoestradas e autovías, e os 80 no resto de estradas; os camións deberán circular polo carril dereito e non poden adiantar.

O nivel amarelo indica un firme parcialmente cuberto: prohíbese circular a camións e vehículos articulados; os turismos e autobuses non han supera-la velocidade de 60 quilómetros por hora; débese diminuír máis a velocidade en curvas e tramos inclinados. Hanse de evitar maniobras bruscas e aumenta-la distancia de seguridade; se se prevé un empeoramento e non leva cadeas, roupa de abrigo, etc, hai que deterse na área de servicio máis próxima.

O nivel vermello utilízase cando a estrada está completamente cuberta: é unha situación difícil na que só se pode circular con cadeas ou pneumáticos especiais, a 30 quilómetros por hora como máximo; prohíbese circular a vehículos articulados, camións e autobuses; ós demais recoméndaselles apraza-la viaxe; se ten que pór cadeas hai que facelo antes de quedar inmobilizado; non parar nunca en lugares onde poida obstaculiza-la circulación; non rebasa-los vehículos inmobilizados se non ten a seguridade de poder continua-la marcha.

O nivel negro sinala moita espesura: a circulación é imposible con neve de varios centímetros de espesura, ou xeada xa que se corre o risco de quedar inmobilizado por períodos prolongados de tempo. Débense evita-las rutas que sinalará a DXT con esta cor. En caso de inmobilización, deberá apaga-lo motor, non abandona-lo vehículo se non hai refuxio, e aparcalos sen obstaculiza-las máquinas quitaneves. Ante o xeo, o importante é saber agarrarse. O xeo é traizoeiro e ten un coeficiente de adherencia practicamente nulo, polo que convén ter moito ollo cos avesedos e as proximidades de arroios. Se se sospeita que pode haber placas de xeo, débese diminuí-la velocidade, leva-lo motor a un réxime baixo (1.500 ou 2.500 revolucións por minuto) para conseguir un maior agarre e toca-lo pedal do freo con moita suavidade.

Na néboa, ver e ser vistos é o obxectivo. Hai que utiliza-la luz de cruce porque a de estrada rebota na néboa. De día é cando máis se require a luz de néboa para ser vistos, xa que a luz diurna mimetiza case por completo os automóbiles, especialmente aqueles de cores claras e metalizadas. A luz especial antinéboa (dianteira) é un bo complemento. A traseira, obrigatoria, permite que os demais detecten con antelación a nosa presencia. Pero se circulamos de noite detrás doutro coche e a súa luz de néboa nos cega, é evidente que resulta innecesaria e que a nosa cegará ó que circula detrás.

Qué hai que levar sempre no coche

Á marxe dos novos triángulos de sinalización de avaría, debidamente homologados, débese levar:

  • Ferramentas: As suficientes para efectua-lo cambio dos repostos obrigatorios. Por exemplo, un gato para levanta-lo coche se debemos cambiar unha roda.
  • Repostos: Cómpre levar un xogo de lámpadas das luces que utilice o noso vehículo (exceptuando as lámpadas de descarga, debido ó seu alto prezo).
  • Rodas: Os turismo han levar unha roda de reposto en perfecto estado.
  • Documentación: no coche débense levar actualizados o permiso de conducir, o de circulación, o certificado de ITV ó día e o último recibo do seguro, ó día. Se non se desexa leva-los orixinais, pódese levar unha fotocopia debidamente cotexada.

Aínda que non é obrigatorio, recoméndase levar un extintor. Hainos en formatos moi pequenos que non ocupan a penas espacio. Así mesmo, antes de comeza-la viaxe, sobre todo no inverno, é aconsellable enche-lo depósito.

Para non esvarar no inverno

A diminución da adherencia nesta época do ano fai aconsellable que todo conductor teña a punto os elementos do coche que máis axudan a agarrarse como é o caso dos amortecedores, os pneumáticos, os freos e a dirección.

  • Amortecedores. A súa deterioración e desgaste non só produce cegamentos a outros conductores, senón que aumenta a fatiga e acentúa o desgaste doutras pezas. Ademais, dá lugar a un menor agarre nas curvas, aumenta o risco de derrapaxe no chan mollado, provoca o "acquaplanning" a unha velocidade inferior, o ABS recibe datos erróneos e alóngase a distancia de freado (sobre neve, a 30 quilómetros por hora, aumenta un 11 por 100).
  • Pneumáticos. Son o punto de contacto co chan. Comprobe se o debuxo presenta a profundidade suficiente (o mínimo legal é de 1,6 mm.), xa que é fundamental para o agarre en superficies molladas. Revise tamén o estado da goma, que non estea cuarteada nin presente cortes, e a presión dos pneumáticos. E non esqueza a roda de reposto.
  • Freos e dirección. Son dous elementos fundamentais para a seguridade. Revise o nivel do líquido de freos, pastillas ou zapatas e, se observa desgastes anómalos nos pneumáticos, ruídos ou vibracións na dirección, acuda ó taller.

O efecto aquaplanning

A choiva non só molesta ao condutor cando cae. Se o fai copiosamente e o asfalto non é capaz de drenarla coa suficiente rapidez ou se hai irregularidades no terreo, poden formarse pequenas bañeras na estrada, cuxo efecto sobre o noso automóbil tradúcese no temido "aquaplanning". Isto significa que a determinada velocidade, os canalillos do debuxo dos neumáticos non son capaces de evacuar todo o líquido entre a roda e o chan, formándose unha bolsa de auga a presión que eleva o neumático da calzada ata perder contacto co chan. Literalmente, flota planeando e fai que o coche sexa incontrolable.

Os seus efectos son unha absoluta perda da dirección do vehículo e, en ocasións, o inicio dun desprazamento lateral. A mellor solución é manter firme a dirección, corrixindo no posible as perdas de traxectoria e evitando tanto frenazos como acelerones bruscos. Ademais, convén manter o acelerador a punta de gas (nin pisalo nin levantar o pé) para facilitar o xiro das rodas e dispoñer dunha velocidade uniforme que evite a transferencia de masas, orixe dos derrapajes. A mellor fórmula para eludir o "aquaplanning" é manter os neumáticos coa presión e a profundidade do debuxo adecuados e desenvolver unha velocidade moderada.

Revisiones periódicas recomendadas. Criterios xerais

Cada 10.000 quilómetros Cambio de aceite (se é mineral). Filtro do aceite. Filtro do aire. Filtro do habitáculo (cada ano). Escobillas limpiaparabrisas (cada ano). Cada 15.000-20.000 quilómetros Aceite (se é sintético). Filtro de combustible (cada 20.000 Km e cada 10.000 Km. se é diesel). Cada 40.000 quilómetros Correa bomba de auga (verificar co taller). Freo de man (verificar co taller). Líquido de freos. Pastillas de freo. Líquido embrague. Liquido refrigerante (ou dous anos). Bujías (se son de platino 100.000 Km.). Revisar latiguillos (cada 30.000 Km.). Revisar manguitos. Cada 50.000 quilómetros ou máis Neumáticos (máximo 50.000 quilómetros). Alinear a dirección. Amortiguadores (aos 50.000 Km.). Escape (80.000 quilómetros). Discos de freo (de 80.000 a 100.000 Km.). Correa de distribución (cada 60.000 Km. ou 70.000 Km.). Airbag (cada 10 anos).


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto