Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Habilidades sociais: A arte de relacionarse ben cos demais

¿Quen non coñece a alguén que cae ben a todo o mundo e que se mostra sempre tolerante e non fire a ninguén a pesar de que acostuma dicir o que pensa?

Ademais, esta persoa admirada por case todos resulta sensata, convincente e persuasiva sen por iso pecar de autoritarismo nin mostrar indiferencia ante as opinións ou emocións dos demais.

  Estes superdotados das relacións humanas espertan a nosa envexa e ás veces gustaríanos imitalos, pero non sabemos facelo: ou quedamos curtos, e pecamos de brandos, ou pasámonos e resultamos excesivamente duros. Algúns afortunados teñen estas habilidades sociais de forma natural, case innata, e aplícanas de xeito cotián sen esfuerzo ningún. Pero iso non nos debe desanimar, porque o máis común dos mortais pode tamén aprender a comunicarse mellor. Unha vez máis, defendemos aquí que todos podemos cambiar a mellor sen que iso signifique menospreza-la nosa personalidade que, sen dúbida, se verá nitidamente reflictida nos posibles cambios que introduzamos na nosa maneira de comportarnos cos demais.

Partamos de que a nosa saúde mental e equilibrio persoal están moi relacionados coa forma en que vivímo-las relacións interpersonais. A convivencia, cómo nos sentimos cos demais, pode resultar reconfortante ou converterse nun pesadelo.

Dependerá moito de nós. Vivir cos demais é unha arte que pode aprenderse non só para caer ben, senón porque a integración social é un factor clave do benestar emocional. As habilidades sociais son unha serie de conductas e xestos que expresan sentimentos, actitudes, desexos e dereitos do individuo, sempre dunha maneira axeitada e de modo que resolven satisfactoriamente os problemas cos demais.

Se cultivamos e dominamos estas habilidades poderemos conseguir satisfaccións no ámbito da familia, das amizades e nas relacións amorosas. E mesmo nos axudarán á hora de conseguir un emprego, de relacionarnos cos nosos xefes e compañeiros de traballo e de convencer das nosas posturas ou propostas. As habilidades sociais poden enunciarse e describirse. Vexámolas:

A linguaxe non verbal

Comecemos pola expresión da cara. O rostro expresa as seis emocións fundamentais: medo, rabia, desprezo, ledicia, tristeza e sorpresa. E hai tres zonas da cara que representan estas emocións: a fronte coas cellas, os ollos e a zona inferior da cara.

  • A mirada. Mirar ós ollos ou á zona superior da cara axuda a establece-lo contacto e dependendo de cómo sexan esas miradas exprésanse as emocións: considéranse máis próximas as persoas que miran máis ó seu interlocutor, pero non se é de forma fixa e dominante. E mirar pouco pode ser signo de timidez. A mirada acompaña a conversa: se miramos cando escoitamos animámo-la outra persona a comunicarse. En cambio, mirar ós ollos cando falamos converte o noso discurso en máis convincente.
  • O sorriso case sempre denota proximidade, suaviza tensións e facilita a comunicación. Pero se o xesto sorrinte expresa ironía ou escepticismo pode manifestar rexeitamento, indiferencia ou incredulidade.
  • A postura corporal. Os xestos do corpo expresan cómo se sinte interiormente a persoa segundo sexa a súa maneira de sentarse, de camiñar... Pódese trasmitir escepticismo (encolléndose de ombros), agresividade (apertando os puños), indiferencia (sentándonos case tumbados cando alguén nos fala). A distancia física entre persoas que se comunican tamén indica a proximidade emocional entre eses individuos. Dous cuerpos próximos expresan proximidade afectiva. Volve-las costas ou mirar para outro lado é unha manifestación de rexeitamento ou desagrado. Un corpo contraído expresa decaemento e falta de confianza nun mesmo; e un cuerpo expandido, todo o contrario.
  • Os xestos. Os que se producen coas mans e a cabeza acompañan e enfatizan o que se comunica coa palabra ou co silencio.

A voz acompaña, e máis do que pensamos, a palabra

As mesmas palabras con entoación diferente trasmiten sentimentos tan distintos como ironía, ira, excitación, sorpresa ou desinterése. Un ton mortecino é sinal de abatemento ou depresión. Unha conversa que se mantén sempre no mesmo ton resulta monótona e aburrida e suscita pouco interese. Faise oír máis, comunica mellor, a persoa que xoga coas modulacións de voz ó longo da súa charla. O ton, que tan pouco coidamos normalmente, é ás veces tan importante coma o propio contido das nosas palabras.
Un volume alto de voz expresa seguridade e dominio da situación, pero cando se eleva demasiado pode suscitar rexeitamento e connotar agresividade. O volume baixo, pola súa parte, pode suxerir estados de ánimo como debilidade ou falta de confianza nun mesmo pero tamén confidencialidade e proximidade.

A fluidez da palabra e o ritmo. A utilización de repeticións, retrousos, frases hechas e de recheo e os titubeos producen impresión de inseguridade, monotonía e mesmo desconcerto en quen escoita. Todos estes elementos de conducta relacional son ferramentas da nosa forma de estar en sociedade, e, ben artellados, axúdannos a relacionarnos de forma máis eficiente. As habilidades sociais son conductas aprendidas e, polo tanto, podemos melloralas. Facilitan a relación con outras persoas e axúdannos a ser máis nós mesmos, reivindicando os nosos dereitos e peculiaridades sen nega-los dereitos dos demais. O máis positivo é que facilitan a comunicación e a resolución de problemas con outras persoas. A arte de convivir cos demais consiste en non quedar curto e en non se pasar. É un equilibrio entre ambos extremos, o que se coñece como asertividade: ser nós mesmos e resultar convincentes sen incomoda-los outros, polo menos non máis do imprescindible. A persoa persuasiva, eficaz na súa comunicación e que resulta agradable ós seus interlocutores pode considerarse asertiva. Vexamos o que entendemos por quedar curto e por pasarse.

  • Quedar curto. Actitudes pasivas. Incapacidade para expresar con liberdade o que un sente, a propia opinión. Pedir disculpas constantemente. É a falta de respecto cara ás propias necesidades. O individuo pasivo trata de evita-los conflictos, ó prezo que sexa. Quen actúa así non fai comprende-las súas necesidades e termina sentíndose marxinada e mostrándose irritada pola carga de frustración acumulada. Tampouco para os seus interlocutores é fácil a situación de adiviñar qué desexa o pasivo e termina por consideralo como unha persona molesta.
  • Pasarse. Son as conductas agresivas e inadecuadas, avasala-los dereitos dos máis pola defensa dos propios. Estas conductas agresivas poden incluír desconsideracións de cara ó outro, insultos, ameazas e humillacións e mesmo ataques físicos. Tampouco falta a ironía e o sarcasmo despectivo. Téndese á dominación, a negarlle ó outro a capacidade de se defender, de responder equitativamente. As consecuencias, a longo prazo, sempre son negativas mesmo para o agresor que queda sen amigos por moito que poida ganar súbditos.

A conducta asertiva é a máis hábil socialmente porque supón a expresión aberta dos sentimientos, desexos e dereitos pero sen atacar a ninguén. Expresa o respecto para un mesmo e para os máis. Pero aclaremos que ser asertivo non significa a ausencia de conflicto con outras personas, senón o saber xestiona-los problemas cando xorden.

Qué facer para resultar máis asertivos

  • Valorarnos suficientemente. Manter e cultivar un bo concepto dun mesmo, identificando e remarcando os nosos valores e calidades.
  • Non enfadarnos gratuitamente ou por nimiedades. Enfadados atopámonos mal emocionalmente e, ademais, trasmitimos imaxe de debilidade. O conveniente é recupera-la calma, contextualiza-lo problema, calmarse e expresar tranquilamente a nosa opinión.
  • Evita-las ameazas. É máis eficaz, para que nos tomen en serio e nos valoren, reflexionar sobre os pasos que imos dar para defende-las nosas opinións, posturas ou dereitos e logo enuncia-los argumentos con corrección, pero non exenta de firmeza se a situación o require.
  • Non pidamos desculpas protocolariamente, fagámolo só cando sexa necesario.
  • Nunca ignoremos os demais. Escoitemos mostrando respecto polo outro e interese polo que di. Non avasalemos, por moita razón que creamos ter. E permitamos que o outro teña sempre unha saída digna, non pechemos portas ó diálogo.

    Sexamos, en fin, asertivos. Ninguén necesita inimigos e a todos nos vén ben contar con xente que nos aprece e respecte e que se preste, nun momento dado, a defendernos ou a colaborar con nós.

  • Admitámo-los nosos erros e equivocacións. Seremos máis estimados e queridos.

Habilidades para consegui-lo equilibrio persoal

Habilidades elementais:

  • Escoita-lo otro. Traballa-la capacidade de comprender o que me están comunicando
  • Aprender a iniciar unha conversa e a mantenela
  • Aprender a formular preguntas
  • Saber da-las gracias
  • Presentarse correctamente ataviado
  • Saber presentarnos a outros e presentar os demais
  • Saber facer un cumprido, sen zalamerías e con afecto

Habilidades avanzadas:

  • Aprender a pedir axuda
  • Capacitarnos para dar e seguir instruccións
  • Saber pedir desculpas
  • Aprender a convence-los demais, a ser persuasivo

Habilidades relacionadas cos sentimientos:

  • Coñece-los nosos sentimentos e emocións e saber expresalos
  • Comprender, valorar e respecta-los sentimentos e emocións dos demais
  • Saber reaccionar ante o enfado do interlocutor e xestionar ben a situación
  • Resolve-las situacións de medo

Habilidades alternativas á agresividade

  • Pedir permiso
  • Compartir cousas, sensacións e sentimentos
  • Axuda-los demais
  • Aprender a negociar, a consensuar, a chegar a acordos
  • Recorrer ó autocontrol nas situacións difíciles
  • Defende-los nosos dereitos cando os vexamos ameazados
  • Responde-las bromas cando proceda
  • Evita-las pelexas, dialécticas e das outras

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto