Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Cando unha muller embarazada reflexiona sobre a posibilidade de da-lo peito ó seu fillo, é frecuente que teña dúbidas respecto dos cambios que debe introducir na súa alimentación para ofrecerlle ó seu bebé un leite materno de calidade ou se as súas mamas, tralo parto, producirán suficiente cantidade de leite para nutri-la nova criatura. Contar coa información e preparación axeitadas para a lactación pode significar para a futura nai unha enorme diferencia na lembranza que garde sobre esa peculiar dimensión da súa maternidade. Polo tanto, cómpre prever cómo se alimentará o bebé, coñece-las necesidades da nai e do lactante, e as vantaxes e inconvenientes do método natural e das denominados leites maternizadas, a alternativa que ofrece o mercado á lactación materna.
É o mellor alimento para os nenos, xa que ademais de conter tódolos nutrientes que necesita (proteínas, graxas, hidratos de carbono, vitaminas, minerais e auga) en cantidade e calidade, o leite materno proporcionalles anticorpos que os protexen de infeccións. A suba do leite acontece normalmente ó terceiro ou cuarto día posterior ó parto. Antes desa suba, sae dos pezóns un líquido amarillento e algo cremoso, o calostro, moi rico en proteínas, minerais e vitaminas liposolubles e que proporciona anticorpos ó bebé . Despois, durante unha semana, prodúcese "leite de transición" (máis branquecino, acuoso e rico en graxa, lactosa, vitaminas hidrosolubles e calorías có calostro) ata que, nunhas 3-6 semanas se estabiliza a emisión de "leite maduro" .
Cando por calquera motivo (producción insuficiente de leite, enfermidade da nai, imposibilidade por cuestións laborais, ou por calquera razóns persoal) a nai non desexa ou non pode da-lo peito ó seu bebé recórrese á lactación artificial con biberóns de leites adaptados. As mulleres que optan por este método non deben sentirse angustiadas, xa que aínda que estes leites non son tan completos como a materna, constitúen un bo alimento. Nalgunhas circunstancias, o pediatra pode recomenda-la lactación mixta, administrarlle ó bebé leite materno e artificial á vez. Isto ocorre, sen ir máis lonxe, cando a secreción de leite é escasa e o bebé recibe en cada toma o leite do peito da súa nai e a continuación o biberón co leite industrial. Tamén pode suceder que a nai non poida da-lo peito ó seu bebé de forma regular polo seu traballo, ou que o pediatra recomende a lactación mixta para comezar co destete.
Os leites maternizados ou leites infantís son as únicas fórmulas admitidas como substitutos do leite humano na alimentación do recén nacido e do neno de curta idade (1-3 anos). A maioría parten de leite de vaca, que sofre importantes modificacións para adaptala á composición do leite materno. En España, a opción pola lactación natural é moi superior á do biberón, tralo (inxustificado) abandono masivo que se produciu na década de 1950, motivado pola errónea crenza de que os leites infantís eran nutritivamente superiores ó leite materno. Os coñecementos científicos actuais demostran que o leite humano inclúe un centenar de elementos ausentes nas fórmulas dos leites maternizados que a substitúen, a pesar de que estes sexan moi correctos na súa composición nutricional.
Organismos europeos como a ESPGAN (Sociedade Pediátrica Europea de Gastroenteroloxía e Nutrición), e internacionais como a Organización Mundial da Saúde (OMS), desenvolveron programas para o fomento da lactación materna, baseándose nas seguintes razóns:
A lactación é, na vida da muller, un período máis esgotador que o propio embarazo e as súas necesidades enerxéticas e nutritivas son moi elevadas (debe inxerir 500 calorías extra cada día debido ó esforzo metabólico que implica a producción de leite).
Para compensa-las perdas nutritivas que sofre a nai só hai un medio: unha alimentación axeitada que se manterá mentres dure a lactación. Isto non significa que se deba comer en exceso, senón que a dieta se adapte ás súas novas necesidades. Con iso, evitarase que as nais engorden durante esta época (algo habitual) como consecuencia de hábitos alimentarios incorrectos adquiridos durante o embarazo. Convén controlar periodicamente o peso da nai lactante, co fin de elevar ou rebaixa-las calorías da dieta se o peso diminúe ou aumenta. Non obstante, en ningún caso se ha de iniciar neste período unha dieta excesivamente baixa en calorías (é dicir, menor de 1500 calorías diarias), xa que as demandas nutritivas son moi elevadas. Ademais, a nai que dá o peito emprega as reservas de graxa acumuladas durante o embarazo para a producción de leite, o que contribúe, xunto cunha alimentación axeitada, a recuperar progresivamente o peso previo ó embarazo. Unha dieta hipocalórica estricta é totalmente desaconsellable porque pode reduci-la cantidade de leite producida e conducir a un estado de malnutrición na nai.
En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI