Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Menús do día: 143 de 12 cidades distintas, estudiados: A calidade nutritiva de case a metade dos menús do día é deficiente

  Esta é a dobre e principal conclusión que se extrae da investigación realizada por CONSUMER, que enviou os seus técnicos (que actuaron en todo momento como clientes e sen se identificaren como colaboradores desta revista) a 143 restaurantes que serven menús do día que custaban entre 1.000 e 2.000 pesetas e estaban situados nunha zona céntrica de 12 cidades: Vitoria, Bilbao, San Sebastián, Castellón, Valencia, Santander, Madrid, Barcelona, Pamplona, Alacante, Málaga e Burgos.

Trala toma de datos , expertos en nutrición avaliaron (sempre con criterios esixentes de dieta equilibrada e saudable) a composición de cada menú, valorando as diversas opcións que ofrecían e o seu mérito nutritivo. O custo medio dos 143 menús do día estudiados foi de 1.273 pesetas.

En calidade do servicio (analizáronse 64 variables en cada restaurante, agrupadas en 7 apartados), só a variedade dos pratos - o número de alternativas distintas para o primeiro e segundo prato, para a bebida e para a sobremesa- require mellora en xeral, aínda que obtivo unha cualificación media aceptable. De tódolos xeitos, e malia este favorable panorama global, o cumprimento da normativa vixente non é xeral: un de cada dez restaurantes (tres deles, en Barcelona) non tiña as follas de reclamacións ó dispor dos clientes. A exhibición visible do prezo do menú é tamén obrigada, pero nun 15% dos restaurantes visitados (varios deles en Burgos e Santander) non se cumpría este requisito. Por último, o grao de limpeza no comedor definiuse como "regular" nun 13% dos restaurantes (preferentemente en Pamplona, Burgos e Santander). E nun local de Barcelona, a hixiene cualificouse mesmo de insuficiente. Volvendo ós datos globais de atención ó cliente, destacaron positivamente o estado e equipamento dos baños dos restaurantes e a rapidez no servicio das comidas e bebidas, apartados ámbolos dous con máis de 8,5 puntos de media. E nun de cada catro (o maior número de casos, en Burgos e Valencia) os pratos que conformaban o menú non estaban expostos ó público. O aspecto nutritivo non se coida abondo

No que afecta á calidade nutritiva dos menús do día, e por máis que a oferta de pratos é variada, as conclusións quedan moi lonxe de seren satisfactorias: o 43% destes menús non aprobaron o exame dos especialistas en alimentación e mesmo o 30% foron considerados malos ou moi malos. Só o 29% foron cualificados de bos ou excelentes desde esta perspectiva de dieta saudable. Os menús que suspenderon non acadaban o equilibrio nutritivo, fundamentalmente porque non ofrecían verdura ou ensalada, legumes e peixe, opcións imprescindibles nun menú que se ateña ó concepto de dieta saudable e equilibrada. Tamén é criticable que unha chea de pratos fosen precociñados (san xacobo, croquetas, luras...) e que non se incluíse froita do tempo como sobremesa.

Constatouse que as ensaladas, cando figuran nestes menús do día, ofrécense como primeiro prato, o que incita a que o comensal evite elixir tan saudable opción por medo a quedar con fame. Sería interesante, en opinión dos dietistas, que os restaurantes as ofrecesen como entrante ou como gornición do segundo prato. O arroz, a pasta e a pataca, por outra parte, son habituais na maioría dos menús, pero engádeselles en exceso alimentos de orixe animal (carne, ovo, embutidos, peixe, marisco), o que pode supor unha achega excesiva de proteínas e graxas na alimentación cotiá.

Outra situación moi mellorable é que a oferta de carnes é moi superior á de peixes cando, polo menos, debería equipararse. Mentres que a carne se incluía nos segundos pratos nunha proporción que supera o 50% dos menús estudiados, o peixe non acadaba o 30%. Dentro do resto de defectos anotados, salienta a escasa variedade de froita fresca para a sobremesa, que ademais se inclúe en proporción menor cós doces. Por último, o único pan que inclúen a práctica totalidade dos restaurantes é o branco e non ofrecen ó cliente a posibilidade de elixir pan integral, con maior contido en fibra, moi beneficiosa para a saúde.

Os que comen fóra da casa a miúdo, sinalan os especialistas en nutrición, deben poder elixir uns pratos que se axusten non só ás súas preferencias gustativas, senón tamén ás súas necesidades nutritivas, de aí que a responsabilidade sexa dobre: a do consumidor, que ha de elixir tendo en conta tamén os criterios que definen unha dieta saudable e equilibrada e a dos restaurantes, que deberían incluír este criterio de calidade nutritiva cando confeccionan os seus menús do día.

No que se refire á calidade organoléptica, os resultados foron aceptables para unha comida económica coma esta, se ben o 9% dos menús do día que degustaron os técnicos de CONSUMER resultaron pouco sabedores e o 8% servíronse inadecuadamente fríos. Un 3% tiñan a tacha dunha mala presentación, e nun 6% a textura dos alimentos estimouse incorrecta.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto