Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ferros de pasar a vapor: Os máis caros non son os mellores

Analizáronse 8 ferros de pasar eléctricos a vapor de potencia media, entre 1.400 e 1.750 watts. Os prezos de sete das oito mostras son similares e móvense entre as 6.690 pesetas de Moulinex Ocealys 250 e as 7.990 pesetas de Efesa Milenium. A excepción a esta homoxeneidade de prezos represéntaa Jata Avant Garde, que custa só 3.995 pesetas.

Oito ferros de pasar a vapor de gama media, un a un

Moulinex Ocealys 250

  • 6.690 pta, o segundo máis barato. A mellor relación calidade-prezo. Destaca en moitas características e prestacións: a súa punta, a menos angulada, chega a máis sitios da peza de roupa; a mellor aplicación de vapor e unha das mellores funcións de aspersión. Ademais, foi o que mellor pasou a proba práctica. Mellorable: unicamente, a uniformidade da temperatura na sola.

Jata Avant Garde

  • 3.995 pta. É, con gran diferencia, o máis barato. E, sen dúbida, a mellor elección para quen queira gastar poucos cartos. Salvo na aspersión (molla en exceso a roupa), obtén bos resultados. Cable curto (1,8 metros) pero cunha mobilidade absoluta, de 360 graos.

Tefal Ultragliss Diffusion 50

  • 6.990 pta. Un dos tres mellores de entre os comparados. Resultados satisfactorios en tódalas probas. É o que menos forza necesita para ser desprazado sobre as pezas de roupa. O único "pero" é que se detectaron restos de fibras despois de pasarlle o ferro á roupa.

Philips Elance 24

  • 7.990 pta, un dos dous máis caros. É un dos tres mellores de entre os oito comparados. Non falla en ningún apartado dos estudiados (en todos conseguiu un "ben" ou un "moi ben"). O mellor en uniformidade da temperatura nas diversas zonas da sola do electrodoméstico.

Solac Turbomax 400

  • 6.990 pta. O máis pesado (1,5 quilos) e o que máis forza de arrastre necesita para o desprazamento sobre a peza de roupa. En xeral, bos resultados. A mellorar: o ángulo da punta do ferro de pasar e o sistema antigoteo.

Ufesa Milenium 50

  • 7.990 pta, un dos dous máis caros. Non destaca en nada, aínda que obteña bos resultados en case tódalas probas. Mellorable: o sistema de aspersión e a uniformidade de temperatura na sola.

Fagor Amiga 1600

  • 7.580 pta, un dos máis caros. Regular na maioría das probas. O mellor en seguridade, polo seu dispositivo de desconexión automática unha vez superado o medio minuto de inmobilidade. O cable máis longo (2,5 metros) e con mobilidade de 360 graos. A mellorar: o ángulo da punta do ferro de pasar, a regulación do vapor, o sistema antigoteo e a uniformidade da temperatura na sola.

Rowenta Delphino

  • 6.900 pta. O de menor calidade de entre os comparados. É o máis lixeiro, con menos de 1,2 quilos. Mal o sistema de aspersión e antigoteo e a uniformidade da temperatura na sola. O única que non superou con ben a proba práctica do repaso da roupa. Excedeu a temperatura recomendada na posición mínima.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto