Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Analizáronse 8 mostras de xamón serrano compradas por peza completa e que custaban entre as 1.045 pesetas o quilo de Revilla e as 1.595 pesetas o quilo de Pajariel. As outras foron, de máis a menos baratas, Primaior (1.095 pesetas o quilo), Navidul (1.190 pesetas), Casademont, Argal e El Pozo (a 1.195 pesetas) e Campofrío, a 1.330 pesetas o quilo. O xamón curado é un alimento proteico, salgado e con bastante graxa se ben esta ten unha composición saudable, pola súa elevada proporción de ácidos graxos insaturados. O nivel enerxético é considerable (245 calorías por cada cen gramos) aínda que algo inferior ó doutros productos do porco. É, en resumo, un alimento saudable e nutritivo que debe ser consumido con moderación por quen controla o seu peso ou a súa hipertensión.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI