Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Á vista dos numerosos defectos e vicios detectados no seu edificio e vivendas de nova construcción, a comunidade de propietarios afectada demandou a constructor, promotor, arquitectos e aparellador, en solicitude de reparación deses vicios e das cantidades xa aboadas polos propietarios en concepto das obras de reparación dos desprendementos da fachada (a causa da falta de adherencia das lousas). O resto de deficiencias afectaban ás chemineas das vivendas, humidades por defectos de permeabilización no piso, no teito dos sotos e no teito dos rochos, deficiencias por carencia de rotura da ponte térmica, defectos no portón do garaxe, pequenas fendas, chanzos rotos, inchazón das portas, perdas nos radiadores e danos no parqué a causa das humidades. A Audiencia Provincia de Asturias, en sentencia do 14 de xuño de 2000, considerou que tanto o constructor e o promotor coma o aparellador eran responsables das deficiencias da fachada, polo que estaban obrigados a resarciren a comunidade coa cantidade que esta aboara nas obras de reparación (1.082.280 pesetas). Con respecto ó resto de deficiencias, a Audiencia estendeu a responsabilidade ós arquitectos e aplicou a doutrina que considera responsable do proxecto e da súa dirección ó arquitecto, quen tamén o é, por ese motivo, de que a construcción se verifique conforme ás indicacións técnicas do proxecto.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI