Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un pasaxeiro sufriu o atraso de oito horas do voo de TWA que o levaba de volta a Barcelona desde o aeroporto de Nova York. A demora resultou inxustificada e debeuse á propia conveniencia da compañía porque quería trasladar a Lisboa, onde estaba prevista unha escala, un motor para un avión da mesma entidade. Por todo iso, o usuario presentou unha demanda nos xulgados barceloneses contra a compañía, polos danos materiais e morais sufridos. A demanda puido ser realizada en España, xa que a TWA tiña domicilio legal en Cataluña. Segundo dictou a sentencia do Tribunal Supremo do 31 de maio de 2000, o consumidor debía recibir unha indemnización de 250.000 pesetas polos danos morais sufridos como consecuencia de horas de tensión, a incomodidade e molestias producidas pola demora importante dun voo. Estimouse que o atraso foi inxustificado e provocou tensión, incerteza e incomodidade debido á inquietude por regresar á casa tras unha viaxe de noivos e a preocupación por perder un día de traballo. Ademais, considerouse a prepotencia amosada pola TWA, que modificou unilateralmente as condicións da viaxe con desprezo dos intereses dos usuarios e non deu unha explicación razoable.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI