Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un usuario adquiriu un teléfono móbil e contratou os servicios da operadora Amena, aproveitando unha promoción consistente en 20.000 pesetas en chamadas e o compromiso de que en breve gozaría de cobertura nacional propia; mentres tanto, os clientes poderían utiliza-lo servicio con outros operadores sen custo adicional. Os primeiros meses o servicio funcionou correctamente, pero Amena non puido prepara-la súa rede no prazo prometido, polo que desde a localidade do usuario non foi posible recibir nin realizar chamadas a partir dese momento a través de Amena. Ó considerar que se producir un incumprimento contractual, o usuario solicitoulle ó Xulgado de Primeira Instancia de Barcelona a resolución do contrato, máis perdas e danos. A sentencia, emitida por este xulgado o 20 de xullo de 2000, estimou probados os problemas de cobertura, o que acreditaba o incumprimento contractual, polo que se resolveu rescindi-lo contrato sen custo ningún. Ademais, estimouse que Amena debía aboa-las 9.591 pesetas que non puideran ser utilizadas por falta de cobertura, máis o importe acreditado pola compra dunha tarxeta Movistar Activa. Desestimouse engadir ningunha cantidade máis por danos morais, xa que non foron minimamente probados.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI