Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A caixa de aforros comezou a cobrar comisións de mantemento de conta

Desde 1979 son titular de varias contas nunha caixa de aforros, mesmo teño domiciliada a miña nómina desde esa data. A partir de setembro de 1991 comezaron a cobrarme pequenas cantidades mensuais, 200 pesetas como mínimo e 500 pesetas de máximo, segundo o número de anotacións que fixera nas contas. En total cobráronme 17.460 pesetas. Agora deixaron de cobrar este concepto. ¿Era legal que me cobrasen antes? ¿Podo reclama-las cantidades aboadas?

O Banco de España permite que os bancos e caixas cobren comisións polo mantemento das contas, sempre que o concepto ou importe da comisión se especifique no contrato e se informe ós interesados do xeito de cobro, para que o cliente coñeza as condicións con absoluta transparencia. Neste caso, o servicio prestouse de xeito gratuíto durante 12 anos, polo que é posible que no contrato orixinal non estea previsto o cobro destas comisións. Tamén parece que a caixa de aforros non notificou a aplicación de cobros a partir dunha determinada data. Por iso, houbo un incumprimento na obriga de claridade e transparencia da actividade bancaria, que lexitima ó cliente para reclamar. Dictáronse no noso país varias sentencias que declaran nula a cláusula do contrato que autorizaba a comisión, argumentando que o cobro de comisións de mantemento é contrario ó Estatuto das Caixas de Aforro de 1933. Sen embargo, estas sentencias foron recorridas. Neste caso, e tendo en conta o importe da reclamación, as dificultades para presentar unha demanda perante os tribunais e a posibilidade de sucesivos recursos, o máis conveniente é dirixirse ó director da sucursal e reclama-la cantidade que se considera indebidamente cobrada. No caso de que non ofreza unha resposta satisfactoria, pódese reclamar por escrito ante o Defensor do Cliente da entidade bancaria. Se tampouco se obtén o resultado agardado, outra opción é acudir ó Servicio de Reclamacións do Banco de España. Para iso, o reclamante debe dirixir un escrito que recolla o nome da entidade denunciada, a sucursal, as cuestións sobre as que se solicita o pronunciamento e a data na que se presentou a reclamación ante o Defensor do Cliente. A reclamación notifícaselle á entidade para alegacións e evitar indefensión. Unha vez estudiado, realízase un informe que concluirá se a entidade quebrantou as normas e as boas prácticas e usos bancarios. O servicio de reclamacións do Banco de España entende que as comisións de mantemento e administración de contas supoñen unha lexítima contraprestación económica por un servicio prestado. Sen embargo, estima tamén que se as comisións non están pactadas no contrato non é correcto cobralas sen previa notificación ó cliente, de xeito que o titular das contas poida optar por continuar ou non coa relación contractual.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto