Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Cómo combate-los excesos de alcol: Se se bebe, en pequenas cantidades e acompañando sempre a comida

Na nosa sociedade, e independentemente do que vexamos con mellores ou peores ollos, os festexos e o consumo de alcol sempre foron da man, e a tendencia non apunta sinais de cambio.

  o Nadal, esa vinculación entre as bebidas alcólicas e calquera evento social reafírmase: as xuntanzas familiares ou de amigos que son tan frecuentes nestas datas constitúen unha ocasión propicia para inxerir máis alcol do que tomamos decote. Quen non sexa abstemio non ten por qué brindar con zume de laranxa, cócteles sen alcol, mosto ou auga no Nadal, xa que as bebidas alcólicas consumidas con moderación poden constituír un perfecto e agradable complemento a unha boa comida ou cea.

Pero, de tódolos xeitos, lembremos algunhas recomendacións. E non esquezamos que se se toma en exceso, o alcol pode amargarlle a festa ó que bebe e ós que o arrodean.

  • Non esquezamos que o alcol é un tóxico; unha droga dura socialmente admitida.
  • Non permitamos que nenos e menores de idade consuman bebidas alcólicas.
  • Evitémo-la inxestión de bebidas alcólicas co estómago baleiro. Canto máis cheo estea o estómago, máis tardará o alcol en chegar ó sangue.
  • Se bebemos, fagámolo en pequenas cantidades e acompañando sempre a comida. Protexámo-lo estómago con alimentos calóricos e graxos: embutidos, queixos ou froitos secos. A graxa retarda a absorción do alcol.
  • Alternémo-las bebidas alcólicas con outras sen alcol, como refrescos, zumes ou auga. -Bebamos con moderación. Non pasemos dos 300 centilitros de viño ó día, que equivale a 35-40 gramos de alcol puro, segundo a graduación do viño. No mellor dos casos, o fígado metaboliza 25 gramos de alcol á hora, polo que se tomamos 125 gramos de alcol (unha botella de viño), este circulará cando menos durante 5 horas polo noso sangue.
  • As mulleres deben ter un coidado especial: ó pesaren menos e disporen de menos auga no corpo, o alcol alcanza no seu organismo uns maiores niveis de concentración en sangue. Ademais, o fígado feminino metaboliza máis de vagar o alcol.
  • Non abusemos dos combinados alcólicos con bebidas gasosas. Os radicais carbónicos dos refrescos con burbullas permiten que o alcol atravese con máis facilidade a barreira hematoencefálica, facendo que o efecto tóxico da bebida sexa máis rápido e acusado.
  • Ollo coas cervexas "sen alcol"; a maioría deberían denominarse "baixas en alcol", xa que conteñen ata un 1% de alcol, fronte ó 4-5% das convencionais.
  • Sexamos precavidos se seguimos algún tratamento médico. O alcol interactúa con algúns medicamentos, especialmente con tranquilizantes, sedantes, hipnóxenos, neurolépticos... e poténcianse mutuamente.
  • Se bebemos, non conduzamos. Mesmo en pequenas cantidades, o alcol exerce un efecto depresor sobre o sistema nervioso. Diminúe a capacidade de conducción e os reflexos e aumenta as probabilidades dun accidente.
  • Non consumamos bebidas alcólicas despois de practicar deporte; a súa acción potencia a deshidratación típica que provoca a actividade física e produce vasodilatación.
  • Consumido en exceso, o alcol altera o sono e produce efectos tóxicos, dos cales a resaca é só un síntoma.

Contra a resaca...

  • Os remedios caseiros contra a resaca soamente atenúan os síntomas, xa que non eliminan a impregnación alcólica do organismo, que pode durar horas.
  • Se desexamos alivia-la resaca, o máis axeitado é a aspirina ou semellante, o café e as vitaminas dos grupos B e C. Unha ducha quente que finalice con auga fría estimulará a circulación sanguínea e axudará a elimina-las nosas toxinas. Repousemos e durmamos todo o posible. Pasear ó aire libre axuda a combate-los mareos.
  • Non forcémo-lo estómago, o mellor é consumir alimentos suaves, como arroz ou peixe fervido.
  • Con resaca apetece moito quedar na casa a ler. Non é moi recomendable, aumenta a dor de cabeza. O mellor é distraerse (o cine resulta perfecto) e facer exercicio físico moderado, ó aire libre.
  • E, sobre todo, esquezámo-lo aserto "un cravo saca a outro". Non recorramos, xamais, ó alcol para combater unha resaca. Prexudicarémo-lo estómago e non resolveremos nada.
  • Bebamos abundante auga, tanto antes de deitármonos trala inxestión de bebidas alcólicas como xa en plena resaca. E mellor se deixamos que transcorran unhas horas entre o último grolo alcólico e o momento de durmir.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto