Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

O banco ou caixa de aforros na Rede: A comodidade do banco na casa

A posibilidade de realizar transaccións bancarias sen moverse da casa comezou nos albores dos anos 90, a través do teléfono.

E aínda que esta fórmula non triunfou, serviu de anticipo ó novo servicio que ofrece hoxe en día a maioría das entidades financeiras: a banca on-line.

  Polo momento, os bancos e caixas de aforro adoptan tres enfoques diferentes: considerar Internet como unha nova canle, que se une ás oficinas e á banca telefónicas; crear bancos específicos para competir exclusivamente na Rede, ou como terceira vía, facer unha aposta dobre. Na actualidade, a banca electrónica conta con 644.000 clientes en España, o que representa un 18% dos usuarios de Internet e un 1,6% da poboación, segundo datos recollidos nun estudio editado por Arthur Andersen Consulting e BSCH Investment. Se se comparan estas porcentaxes co número de clientes nos Estados Unidos, compróbase que aínda queda camiño por percorrer: 14,2 millóns de usuarios empregan estes servicios no país norteamericano, cifra que supón un 18,2% dos seus cibernautas e un 5,2% da súa poboación total.

Sinxeleza e rapidez do banco on-line

O sistema para acceder ó banco ou caixa on-line é realmente sinxelo. Basta con solicitar na sucursal tradicional da que somos clientes o acceso a este servicio. Obterase un contrasinal ou password e definirase unha clave coa que se accede a un sitio seguro, con garantía de privacidade, que lle amosa ó cliente bancario a súa conta corrente ou calquera outro producto (as liñas de tarxetas de débito ou de crédito, os depósitos, etc.). As claves requírense sempre que se desexe entrar á páxina e, unha vez nela, o usuario pode operar coa mesma confianza que se se atopase na ventá dunha sucursal bancaria tradicional ou nun caixeiro automático.O sistema para acceder ó banco ou caixa on-line é realmente sinxelo. Basta con solicitar na sucursal tradicional da que somos clientes o acceso a este servicio. Obterase un contrasinal ou password e definirase unha clave coa que se accede a un sitio seguro, con garantía de privacidade, que lle amosa ó cliente bancario a súa conta corrente ou calquera outro producto (as liñas de tarxetas de débito ou de crédito, os depósitos, etc.). As claves requírense sempre que se desexe entrar á páxina e, unha vez nela, o usuario pode operar coa mesma confianza que se se atopase na ventá dunha sucursal bancaria tradicional ou nun caixeiro automático. Aínda que mediante a banca on-line é posible efectuar operacións financeiras que entrañan certo grao de complexidade (compra de accións na Bolsa, investimento en depósitos, subscrición de débeda pública), o usuario pódese servir tamén dela como un lugar de consulta e como unha ventá para realizar transferencias sinxelas. E esa é, precisamente, a gran vantaxe da banca na Rede: a sinxeleza de emprego e o concepto de 'usabilidade' (usability) co que foi deseñada. Dentro da páxina persoal pódese revisa-lo saldo e os movementos das contas, de xeito xeral ou seleccionando os ingresos (ou gastos) desde un día determinado. Do mesmo xeito, verifícase se se cobrou o recibo da luz, contrólase o gasto das tarxetas de crédito ou o pagamento da letra da vivenda. Amais de funcionar como lugar de consulta, pódenselle dar ordes ó banco, como devolver un recibo e mesmo realizar un pagamento a outra conta corrente.

Aínda que mediante a banca on-line é posible efectuar operacións financeiras que entrañan certo grao de complexidade (compra de accións na Bolsa, investimento en depósitos, subscrición de débeda pública), o usuario pódese servir tamén dela como un lugar de consulta e como unha ventá para realizar transferencias sinxelas. E esa é, precisamente, a gran vantaxe da banca na Rede: a sinxeleza de emprego e o concepto de 'usabilidade' (usability) co que foi deseñada. Dentro da páxina persoal pódese revisa-lo saldo e os movementos das contas, de xeito xeral ou seleccionando os ingresos (ou gastos) desde un día determinado. Do mesmo xeito, verifícase se se cobrou o recibo da luz, contrólase o gasto das tarxetas de crédito ou o pagamento da letra da vivenda. Amais de funcionar como lugar de consulta, pódenselle dar ordes ó banco, como devolver un recibo e mesmo realizar un pagamento a outra conta corrente.

Contas exclusivamente on-line

Dentro dos bancos que soamente operan na Rede, o número de contas on-line aumenta cada día. Trátase de depósitos que soamente se poden abrir en Internet e ofrecen intereses de ata un 5%, notablemente superiores ós habituais dunha conta corrente tradicional. Algunhas entidades virtuais perden diñeiro, xa que a batalla de captación de clientes para esta nova fórmula financeira obrígaas a ofertaren intereses moi competitivos. Polo momento estas contas funcionan sobre todo como depósitos, debido ó alto rendemento que ofrecen. Nos bancos que funcionan exclusivamente na Rede basta con entrar na páxina web correspondente e segui-las instruccións para darse de alta. Solicitan os datos do titular (nome e apelidos, enderezo, profesión...) e pídenlle ó cliente que decida cál será o seu contrasinal, para que soamente el poida realizar transaccións bancarias nesa conta.

A sinatura electrónica: garantía de seguridade

A maior preocupación dos usuarios do banco on-line é a seguridade das súas contas e da transmisión de datos. Por iso, as entidades financeiras articularon sistemas de protección que dotan de maior fiabilidade ós seus servicios. O principal reto para a seguridade das transaccións bancarias é garantir que é realmente o cliente quen está detrás das operacións. Para superar este reto implantouse a sinatura electrónica, un sistema legal que verifica a sinatura persoal ou da empresa que opera en Internet, coa que se demostra que verdadeiramente é o titular da conta ou tarxeta quen merca, vende ou realiza as transaccións bancarias. O sistema é moi sinxelo. Unha empresa encárgase de tramita-la sinatura electrónica solicitada. Adxudícalle ó titular unha clave que soamente el coñece, e outro contrasinal co que o recoñecerán os demais. Cando o usuario desexa rubricar unha operación, sinala a súa clave (que seguirá sendo secreta), que lle abrirá a posibilidade de introduci-lo outro contrasinal, mediante o cal o identificarán como posuidor da primeira. Este sistema implantarase en breve para traballar con todo tipo de documentos de carácter legal en Internet.

Navegar á carta

Enderezos útiles para regalar solidariedade as vindeiras festas Presentámo-la oportunidade de mercar regalos para as vindeiras festas dun xeito cómodo, rápido, cun prezo xusto, amais de solidario. Soamente hai que pasear polos bazares que algunhas ONG incluíron na súa páxina web. Nelas, os productos descríbense polo miúdo e acompáñaos unha fotografía. As compras pódense aboar mediante xiro postal, a través dunha tarxeta de crédito ou contrareembolso. Os gastos de envío andan entre as 600 pesetas dun paquete pequeno e as 1.500 pesetas dun grande ou de varios paquetes.

  • Fundación ADSIS. Para darlle á gastronomía do Nadal un toque orixinal, auténtico, saboroso e xusto, hai que acudir a este bazar tan larpeiro. Neste mercado ofrécese, xunto ós productos habituais, un lote para Nadal que custa 8.000 pesetas e inclúe turrón, marmeladas, galletas, chocolates, cafés, ron e outros productos artesáns elaborados en países do cono sur.
  • Pallasos sen fronteiras. ¿Hai algo mellor cá risa? Con estas propostas calquera pode se-lo cómico que anime a festa dos regalos. Nesta tenda pódense atopar camisetas e outros artigos con debuxos divertidos, algún deles do deseñador Mariscal, a prezos interesantes.
  • Axuda en acción. Se se busca unha boneca orixinal e rechamante, cómpre acudir á tenda desta ONG de desenvolvemento, que conta cunha variada oferta de bonecas por só 2.500 pesetas. Ademais, pódese contempla-la gran variedade doutros productos, desde mochilas (1.000 pesetas a de algodón, 3.000 pesetas a de trekking) a toallas de praia, reloxos, cuncas... Os prezos son xustos e o deseño magnífico.
  • Intermón . Esta ONG traballa a prol dos nenos máis necesitados. Aínda que o número de productos da tenda é escaso, ofrece camisetas orixinais de diversos números, cores e debuxos que se poden converter en regalos únicos para os máis achegados. Serán regalos equitativos que lle darán o toque solidario ó gasto extra do Nadal.
  • Asociación de España con ACNUR. Polo momento só venden na súa tenda un interesante libro para pequenos e mozos, con contos sobre nenos do corno de África, que leva por título "Un día tivemos que fuxir".
  • Acción contra a fame . Aínda que non dispoñen de tenda, esta organización que traballa a prol do Terceiro Mundo ofrécelles ás empresas o servicio de deseña-las súas felicitacións de Nadal a prezos interesantes. As tarxetas dirán moito máis ca Bo Nadal e Próspero Século.
  • WWF/Adena. O logotipo desta asociación, o entrañable oso panda, lembra a súa vontade de defende-la natureza. Esta idea inspira a roupa, camisetas e xerseis e os artigos de papelería. Pódese enche-la folla de pedimento da web ou encarga-la compra por teléfono.
  • Greenpeace. Na súa tenda virtual pódense adquirir multitude de prendas de vestir (camisetas, xerseis, albornoces...), xoguetes, complementos e manuais temáticos sobre ecoloxía.
  • Amnistía Internacional . No seu sitio web, Amnistía Internacional achega a posibilidade de mercar libros, marcos, caixiñas, plumas, CDs, roupa... con prezos recomendados e a orixinalidade garantida.

Relacións deste contido

Tamén che interesa

E ademais...

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto