Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enerxías renovables: alternativa ante a dependencia dun petróleo cada vez máis caro e escaso: Unha pobre e moi desigual implantación nas diversas zonas do país

A potencia eléctrica instalada en Navarra mediante enerxías renovables é 20 veces a de Murcia, 10 veces a de Valencia, 7 veces a do País Vasco e A Rioxa e 5 veces a de Madrid

  O encarecemento das gasolinas e dos seus derivados evidenciou con máis forza ca nunca a dependencia da maioría dos países con respecto a este combustible fósil. Tódalas olladas están postas agora nas enerxías renovables, que (a diferencia do petróleo, o carbón, o gas natural e o uranio) son inesgotables, xa que a súa fonte de emisión son o Sol e o vento ou os residuos que xera a actividade humana.

En España, as renovables supoñen só un 6,3% do total do consumo enerxético, unha implantación semellante ó 5,8% de media da Unión Europea, pero lonxe aínda do 12% establecido como obxectivo para o 2010 no Cumio do Clima que tivo lugar en Kyoto hai tres anos. O lento ritmo na implantación de infraestructuras de enerxías renovables (placas solares, muíños de vento, incineradoras de residuos...) en España débese fundamentalmente, na opinión dos especialistas, á escaseza de información práctica que existe verbo diso e á ausencia dunha regulación legal clara sobre os requisitos que deben cumpri-las instalacións que producen estas enerxías inesgotables e máis compasivas co medio natural.

As enerxías renovables son o futuro: non contaminan ou fano moito menos cás convencionais, e permitiríanlles ós países importadores de petróleo e gas natural se liberaren, cando menos en parte, desta servidume económica que xera tanto déficit comercial. O principal freo que sofren estas enerxías é a súa cuestionada rendibilidade económica e a súa suposta incapacidade de competir en custos coas tradicionais.

CONSUMER comparou, despois de estudia-la información proporcionada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e polas diversas administracións autonómicas, o esforzo que realizan nove comunidades autónomas (Madrid, Cataluña, Navarra, País Vasco, Comunidade Valenciana, Andalucía, Castela-León, A Rioxa e Murcia) no impulso das enerxías renovables. Para calibra-la aposta que se fai polas enerxías renovables, empregáronse dous baremos: un, a cantidade máxima de electricidade ou calor que con estas enerxías renovables deu xerado cada comunidade autónoma en 1999 coas infraestructuras que creou para este fin, o que se coñece como "potencia instalada". E dous, o financiamento, privado e público, que se destina a estas enerxías. É dicir, capacidade de producción por unha banda e investimento por outra.

No tocante ás enerxías renovables que xeran electricidade (eólica, solar, incineración de residuos sólidos urbanos, centrais minihidráulicas, biomasa -residuos naturais de bosques e agricultura), destaca Navarra, con 473 megawatts de potencia instalada en 1999, fundamentalmente obtidos da eólica e minihidráulica. Se este dato se relativiza en función da poboación e da superficie da Comunidade Foral, o seu liderado reafírmase. Séguena Andalucía (con 375 mW, pero mediocres porcentaxes relativas segundo poboación e superficie), Castela-León (364 mW, entre as mellores en función da poboación, pero non se se relativizan os datos segundo a superficie) e Cataluña (319 mW, destaca en valorización enerxética de residuos sólidos urbanos e en enerxía hidráulica). No outro extremo, o das comunidades con menor implantación de enerxías renovables, tanto en termos absolutos coma relativos, figuran Valencia e Murcia, con 46 e 24 mW instalados, respectivamente.

O País Vasco, cos seus 70 mW (só se defende no consumo de biomasa para xerar electricidade e na minihidráulica) figura tamén entre as máis atrasadas, aínda que a súa posición mellora se se relativiza a súa potencia en función da poboación e da superficie. Madrid, pola súa banda, ocupa unha posición intermedia, pero tamén mediocre, con só 89 mW instalados en enerxías renovables, potencia aceptable para a súa superficie pero moi escasa para a súa gran poboación. A Rioxa, con só 68 mW, mellora moito as súas posicións se se incorporan os factores poboación (é, tras Navarra, a segunda mellor, con 0,25 kW por habitante) e superficie (de novo, a segunda mellor, con 13,5 kW por quilómetro cadrado).

As renovables máis importantes en España son a minihidráulica (supón o 53% da potencia instalada das que xeran electricidade nestas nove comunidades) e a eólica (que representa o 36%). Chama a atención a paupérrima implantación da enerxía solar, que significa o 0,3% de potencia eléctrica en enerxías renovables. Os residuos sólidos urbanos quedan nun 4% e o consumo de biomasa alcanza o 7%.

No tocante ás enerxías renovables que xeran calor, destacan Andalucía (con case 800.000 toneladas equivalentes a petróleo, ou "tep"), Castela-León (421.000 tep) e Cataluña (302.000 tep) no consumo de biomasa, mentres que en colectores solares sobresaen Andalucía (case 100.000 m2 de colector), Madrid (39.000 m2) e Valencia (36.000 m2). As peores posicións absolutas (os datos en función da poboación e da superficie pódense consultar no cadro "As enerxías renovables que crean calor") ocúpanas A Rioxa (tanto en biomasa coma en colectores solares) e o País Vasco (en colectores solares, con menos de 1.000 m2).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto