Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A sogra do asegurado non se considerou

O propietario dunha vivenda concertou un seguro multirrisco que cubría o risco de responsabilidade civil do propietario do inmoble fronte a terceiros. Conforme ás cláusulas limitativas da póliza, non terían a condición de "terceiros", e, polo tanto, carecerían de dereito a indemnización con cargo ó seguro, os cónxuxes, ascendentes e descendentes do tomador do seguro e do asegurado. Sucedeu que a consecuencia dun incendio na vivenda morreu a sogra do propietario. A súa muller reclamoulle á compañía de seguros a indemnización por responsabilidade civil a terceiros. A compañía negouse á indemnización, e fíxoo en virtude da cláusula limitativa que sinalaba como "non terceiros" ós familiares ascendentes e descendentes do tomador do seguro e do asegurado. A esposa mantiña que, ó se-lo seu home quen concertou a póliza, a súa nai era un terceiro con dereito a indemnización. A parella estaba casada en réxime de gananciais, polo que os dous eran copropietarios do piso, e por iso o Tribunal Supremo considerou, en sentencia do 16 de maio do 2000, que tamén a esposa tiña a condición de asegurada e estaba sometida ás cláusulas limitativas da póliza. Polo tanto, de acordo ás condicións da póliza, ó se-la finada ascendente da esposa e ser esta copropietaria e asegurada, a finada (a súa nai) non podía ser considerada como terceiro para os efectos do dereito de indemnización por responsabilidade civil.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto