Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

As contas sen movementos durante máis de 20 anos pasan a ser propiedade do Estado

Os valores e o diñeiro depositados en entidades financeiras que non rexistraron ningún movemento durante un período superior a 20 anos considéranse, segundo o Tribunal Supremo, bens abandonados e a súa titularidade pasa a ser do Estado. As caixas de aforro, sen embargo, viñan dispoñendo do importe destas contas co fin de destinalo a obras sociais e culturais. Isto foi o que orixinou esta demanda do Avogado do Estado en reclamación dos saldos das contas correntes e de aforro. Segundo sentencia do 21 de marzo deste ano, o titular dun depósito de valores ou conta corrente que non efectuara ningún movemento nas últimas dúas décadas perde os seus dereitos sobre elas. Deste xeito, o diñeiro ou os valores depositados en caixas ou bancos en novembro de 1980, ou con anterioridade, que non foran obxecto de movementos considéranse caducados e a súa propiedade pasa a ser de Facenda, e non das caixas de aforro ou bancos. A lei na que se inspira esta práctica legal data de 1928, cando o Ministerio de Facenda dispuxo que tódolos bens abandonados polos seus donos, en valores ou en metálico, e se mantiveran sen tocar durante 20 anos consecutivos pasaban a pertencer ó Estado. Pero un ano despois, as Caixas de Aforros determinaron que o importe das contas caducadas se aplicaría en obras sociais e culturais.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto