Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

¿Podemos esixi-la devolución de parte do diñeiro do seguro do automóbil?

Vendémoslle a un particular un vehículo asegurado a terceiros. O comprador contratou un seguro cunha compañía distinta á nosa. A póliza que tiñamos contratada fora renovada recentemente por un ano, polo que, posto que o coche estivo asegurado só dous meses, unha sexta parte do que se pagou no seu día, coidamos que a aseguradora debe aboárno-la parte da cota correspondente ó período en que non está asegurado. Sen embargo, a entidade de seguros négase a aboárno-la diferencia alegando que, unha vez pagada a cota, o cliente non ten dereito ó seu aboamento.

O lector considera que a aseguradora debe devolverlle parte do importe do seguro, concretamente a cantidade proporcional ó tempo en que o seguro non vai ser operativo. Esta suposición non é correcta, e o usuario non tería posibilidades de prosperar nunha hipotética demanda. En primeiro lugar, porque quen mercou o vehículo converteuse no dono do coche, e sería o comprador quen, no caso de ter dereitos, podería reclamarllos á compañía por deixar de emprega-los seus servicios. En segundo lugar, porque as compañías asumen a totalidade do risco en todo momento, en calquera intre de vixencia da póliza, a aseguradora asumiu o 100% do risco cuberto no caso de sinistro e non unha parte proporcional do risco. Contratado o seguro do vehículo por un período dun ano, o prezo deste seguro correspóndese cunha prima que, seguindo criterios legais e doutrinais, se considera indivisible, no sentido de que non é posible rateala por períodos. A lei de Ordenación de Seguros Privados e o seu regulamento de desenvolvemento dicta que a prima debe axustarse a principios de equidade, suficiencia, indivisibilidade e invariabilidade. En apoio desta tese saliéntase a sentencia do Tribunal Supremo do 23 de xullo de 1996, que di: "O carácter indivisible da prima significa que, unha vez paga, o asegurador faina súa integramente, aínda que por calquera causa cese a cobertura do seguro e o contrato non poida continuar producindo os seus efectos, sen necesidade por iso de devolver parte proporcional ningunha, obriga esta que tampouco impón a Lei do Contrato do Seguro". Sen embargo, esta lei contempla supostos excepcionais con respecto á prima, que pode facerse divisible en proporción ó tempo da cobertura, sempre e cando o contrato coa aseguradora o autorice expresamente.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto