Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O pagamento dos amaños comunitarios correspóndelle ó propietario

Merquei un piso pero ata dentro de catro meses non o vou escriturar, tal e como acordamos no precontrato. Agora souben que van amaña-lo tellado do edificio, e que a obra comezará antes de catro meses. A terceira parte do que custa a obra hai que aboala ó principio, e isto será antes de que eu asine as escrituras de compravenda. O resto pagarase á metade da obra e ó rematar esta, cando eu xa sexa propietaria. ¿Que parte me corresponde pagar a min?

En termos xerais, a parte que corresponde pagar variará en función do momento en que definitivamente se converta en propietaria da vivenda, non sendo que exista outro acordo previo entre o comprador e o vendedor. No caso de que non se acordara nada sobre o pagamento das obras inmediatas, e segundo dicta o Código Civil, a propiedade adquírese e transmítese como consecuencia de contratos que supoñen a entrega da cousa mercada e vendida, equivalendo a escritura pública á entrega. Como as obrigas fronte á comunidade lle corresponden ó propietario, se previamente á sinatura da escritura hai que contribuír cun pagamento extraordinario na comunidade, quen debe aboalo é o seu propietario, que nese momento segue sendo o vendedor. A obriga de contribuír, segundo a cota de participación establecida, ós gastos xerais da comunidade de veciños correspóndelle sempre ó propietario da vivenda. Ademais, a lei de Propiedade Horizontal establece que cando se transmite unha vivenda, o vendedor deberá declarar que está ó corrente no pagamento dos gastos xerais. Tamén permite a lei transmiti-la vivenda con débedas, sempre e cando se exprese a cantidade debida e se achegue un certificado sobre o estado das débedas que coincida coa súa declaración. Sen el non se poderá autoriza-lo outorgamento das escrituras públicas, non sendo que o comprador se fixera cargo expresamente das débedas. No caso que se presenta, contemplando que o comprador non adquire a propiedade ata que se lle entrega mediante escritura pública, e que as obrigas fronte á comunidade lle corresponden ó propietario, se previamente á escritura pública hai que contribuír cun pagamento extraordinario á comunidade, quen debe aboalo é o propietario, que, nese momento, aínda é o vendedor.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto