Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Mudanzas: As claves: elixi-la empresa e supervisa-lo traslado

Cambiar de domicilio implica bastantes trámites e molestias, e a mudanza das nosas pertenzas do anterior fogar ó novo pode converterse nun máis. Por iso, cómpre organizar con serenidade e espírito práctico o traslado de mobles e outros obxectos. Atinar na empresa que fará o traslado (hainas baratas que ofrecen un servicio de boa calidade) e supervisar de preto o proceso son dous pasos fundamentais.

  • Contrate os servicios dunha empresa especializada. Solicite orzamentos en varias. E non esqueza preguntarlles ós amigos ou compañeiros do traballo: pódenlle dar información moi válida para elixir.
  • Comprobe que a empresa de mudanzas está legalmente constituída. Pida un contrato homologado que certifique que a sociedade está inscrita no Ministerio de Transportes e no Rexistro de Empresas dedicadas a esta actividade. Non se deixe enganar polas aparencias. O aspecto dos camións non é garantía de calidade, honradez e bo facer.
  • Esixa un orzamento previo por escrito. Pida que un representante da empresa visite o seu fogar e estableza as condicións e prezo da mudanza.
  • Solicite tarifas de referencia. Evite que lle cobren de maneira arbitraria. Infórmese sobre qué servicios inclúe o orzamento: desmonta-lo mobiliario, posterior desembalaxe e montaxe do mesmo, embalaxe dos obxectos fráxiles...
  • Revise co persoal da empresa o inventario dos obxectos antes de trasladalos e garde unha copia do mesmo no seu poder.
  • En previsión de posibles estragos ou perdas, pida que lle fagan un seguro da carga trasladada.
  • Supervise a descarga e comprobe o estado dos seus mobles e pertenzas. Ante o menor deterioro, faga consta-la súa reclamación na nota de entrega que asinará ó concluí-la mudanza, ou na folla de reclamacións que a empresa debe pór á súa disposición.
  • Evite preocupacións: planifique con tempo a súa mudanza. Concrete os días nos que se realizará e organice persoalmente os detalles.
  • Coordine o momento da mudanza co seu cambio de domicilio. Se o traslado é fóra da cidade onde vive, prepare con tempo a viaxe e deixe a man as cousas de primeira necesidade.
  • Traslade vostede mesmo, e sempre que lle sexa posible, os obxectos moi fráxiles e os de máis valor económico ou emocional.
  • Se vai deixar parte das súas pertenzas nun local, comprobe o seu estado antes de aproba-lo traslado. Asegúrese de que a empresa posúe licencia de apertura municipal, e subscriba un seguro para o suposto de incendio ou roubo.
  • Indique cunha etiqueta o contido de cada caixa e a habitación á que vai destinada. Se, ademais, limpa os obxectos antes de embalalos, aforrará traballo á hora de distribuílos no seu novo emprazamento.
  • Sempre que sexa posible, desarme os mobles e embale tódalas súas pezas por separado.
  • Encha as caixas para que os obxectos non batan no seu interior. Protexa a vaixela e a cristalería envolvendo cada peza con papel. Coloque os libros horizontalmente para que as esquinas non se estraguen.
  • Aproveite a mudanza para desfacerse de utensilios e obxectos innecesarios.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto