Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Aparcar no centro: 12 cidades comparadas: Enormes diferencias no tempo e o custo que supón aparcar

Case a metade dos conductores que circulan polo centro das cidades están intentando aparca-lo seu vehículo o máis preto posible do lugar ó que pensan acudir. Pero na maioría das cidades, estacionar no centro é unha tarefa difícil que en horas punta pode volverse case imposible.

Desgaste do vehículo

A conducción frecuente por rúas céntricas prexudica o vehículo, que sofre un desgaste maior que se transita por estradas interurbanas. E conducir polo centro da cidade supón un gasto de combustible moi superior ó de facelo por estrada. Ademais, ó circular a moi baixa velocidade e realizar moitas manobras, o carburante non se queima ben e xera carbonciño, que deteriora o motor, as válvulas e as buxías do coche. Pero o compoñente que máis se desgasta ó conducir polo centro da cidade é o embrague. A outra preza do automóbil que máis se resente cando se circula na cidade é o tubo de escape. A súa vida pode reducirse á metade. A auga que se produce dentro do tubo non é expulsada e acumúlase, o que provoca que se oxide. Tamén os pneumáticos sofren, sobre todo cando se sae acelerando dos semáforos por culpa das présas ou dos hábitos incorrectos.

Aparcar no centro de 12 cidades: a clasificación

  • Logroño Moi ben. É a cidade na que máis sinxelo resulta aparcar no centro: só 3 minutos e medio, e tanto en laborables coma en festivos. Aparcadoiros, moi ben: son os máis baratos (90 pesetas por unha hora) e a cidade conta coa segunda mellor oferta no número de prazas. A zona azul é económica (95 pesetas a hora) e para o seu control conta coa maior cantidade de axentes das 12 cidades comparadas. O servicio de guindastres tamén é barato: 5.905 pesetas.
  • Vitoria Ben. A segunda onde menos tempo require aparcar: pouco máis de 5 minutos de media. E en laborables, só 5 minutos e medio (tamén o segundo mellor tempo). Aparcadoiros baratos (100 pesetas por unha hora), pero moi pouca oferta de prazas. A zona azul máis barata (60 pesetas a hora) e unha das que menos número de horas de pagamento estipula. A menor dotación de vixiantes de zona azul.
  • Santander Aceptable-ben. Aparcar custa unha media de case 6 minutos e medio, o terceiro mellor tempo. Case non hai diferencia entre días festivos e laborables. Aparcadoiros, ben: son relativamente económicos (147 pesetas por unha hora) e a súa cantidade de prazas é das maiores. Zonas azuis baratas (90 pesetas a hora). É a única das 12 cidades na que recupera-lo coche retirado polo guindastre non lle supón gasto ningún ó usuario.
  • Pamplona Aceptable: estacionar leva unha media de 6 minutos e medio. Tárdase algo máis a fin de semana cós laborables. Aparcadoiros, moi ben: son moi baratos (100 pesetas por unha hora) e a oferta de prazas é máis ca aceptable. Zonas azuis: o prezo é intermedio, 120 pesetas por unha hora, pero a cantidade de vixiantes é inferior á doutras cidades.
  • Barcelona Regular. Estacionar no centro require de media case 8 minutos, dous menos as fins de semana. Aparcar sae carísimo. Os aparcadoiros máis caros (250 pesetas por unha hora) xunto con Madrid e, ademais, non hai moitos. Tamén as zonas azuis son as máis caras (223 pesetas de media por unha hora) e é unha das cidades con máis horas de pagamento. O seu servicio de guindastres é o segundo máis caro: 17.725 pesetas.
  • San Sebastián Regular. Os datos medios confunden: é a terceira na que máis custa aparcar, con case 11 minutos. Pero os días laborables abonda con 6 minutos, tempo moi aceptable. É onde máis custa aparcar a fin de semana. O domingo leva máis de media hora. A maior oferta de prazas de aparcadoiro, a prezo medio: 147 pesetas por unha hora. Zonas azuis caras (144 pesetas a hora), con moitas horas de pagamento e poucos vixiantes.
  • Castellón Regular-mal. Aparcar no centro supón unha media de 8 minutos e medio. Pero os días laborables requírense 9 minutos e medio. Os aparcadoiros son baratos (127 pesetas por unha hora) e dispón dunha ampla oferta deles. Non hai zonas azuis, polo que aparcar é gratis. O servicio de guindastres é o segundo máis barato: só 5.250 pesetas.
  • Málaga Regular-mal: de media, estacionar no centro custa 7 minutos e medio. Aparcar en domingo é moito máis doado ca en sábado. Aparcadoiros: moi poucas prazas e, ademais, caros: 195 pesetas por unha hora. Zonas azuis, moi caras: 155 pesetas a hora. O servicio de guindastre, tamén caro: 12.800 pesetas.
  • Bilbao Regular-mal. Os datos medios enganan: 7 minutos e 20 segundos. Porque durante a fin de semana, aparcar é moi sinxelo (dous minutos e medio), pero durante os días laborables supón 9 minutos e cuarto. Aparcadoiros de prezo medio (145 pesetas). Zonas azuis un pouco caras (130 pesetas a hora), pero é a cidade con menos horas de cobro. Boa dotación de vixiantes de zonas azuis. O guindastre, prezo medio-alto: 11.260 pesetas.
  • Valencia Mal. Unha das peores: aparcar supón unha media de 10 minutos, e máis de 11 minutos os días laborables. Aparcadoiros moi caros (222 pesetas por unha hora), pero as zonas azuis son económicas (80 pesetas por unha hora). O servicio de guindastre é o terceiro máis caro: a taxa para recupera-lo coche, 17.600 pesetas.
  • Alacante Mal. A que máis dificultades causa para aparcar (22 minutos de media), pero influíron moito as súas grandes obras de infraestructura. Nas fins de semana, tamén mal (case 16 minutos). Cando menos, aparcar sae barato: tanto aparcadoiros (135 pesetas por unha hora) coma zonas azuis (70 pesetas a hora) son moi económicos.
  • Madrid Mal. Requírese unha media de máis de 13 minutos, e resulta igual de difícil en días laborables ca en festivos. Ten os aparcadoiros máis caros (250 pesetas por unha hora), xunto con Barcelona, e é onde máis escasean as prazas de aparcadoiros de pagamento. A zona azul resulta barata (80 pesetas a hora), pero é a cidade na que hai máis horas de pagamento. Hai moi poucos vixiantes nas zonas azuis. O servicio de guindastre é o máis caro: a taxa para recupera-lo coche retirado é de 19.760 pesetas.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto