Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Aparcar no centro: 12 cidades comparadas: Enormes diferencias no tempo e o custo que supón aparcar

Case a metade dos conductores que circulan polo centro das cidades están intentando aparca-lo seu vehículo o máis preto posible do lugar ó que pensan acudir. Pero na maioría das cidades, estacionar no centro é unha tarefa difícil que en horas punta pode volverse case imposible.

  Hoxe, a saturación do tráfico debida ó uso intensivo do coche particular dificulta o funcionamento eficaz das cidades, reducindo a súa accesibilidade e causándolle danos ó ambiente urbano e ó benestar psicolóxico dos propios conductores. O enorme incremento dos fluxos de tráfico, que exercen presión sobre os espacios centrais das cidades, é, segundo os expertos, un dos principais problemas das nosas urbes. A gran cantidade de desprazamentos en horas punta desborda con frecuencia a capacidade das infraestructuras viarias prexudicando o transporte colectivo e ós conductores de vehículos particulares e ós peóns.

CONSUMER comparou, mediante unha metodoloxía propia e deseñada especialmente para isto, o tempo que tardan os automobilistas en localizar un lugar libre onde estaciona-lo seu vehículo na vía pública (non en aparcadoiros) no centro de Bilbao, Vitoria, San Sebastián, Pamplona, Logroño, Santander, Barcelona, Valencia, Castellón, Alacante, Málaga e Madrid. Ademais, recompilou datos en concellos e empresas de aparcadoiros) sobre outras cuestións relacionadas co feito de aparca-lo vehículo nestas 12 capitais: dotación de prazas de aparcadoiros, tarifas de zonas azuis e de aparcadoiros de pagamento, taxa por recupera-lo coche retirado polo guindastre debido ó seu mal estacionamento, multas por aparcar en dobre fila ou en pasaxe permantente...

As principais conclusións do informe son: unha, que aparcar no centro dalgunhas cidades custa moito máis tempo (ata catro veces máis) ca noutras; dúas, que facelo en días laborables (de media, case 9 minutos e medio por cada aparcamento) soamente require un 10% máis de tempo ca en fin de semana; tres, que o custo que supón aparca-lo vehículo é moi distinto segundo a cidade na que se efectúe o estacionamento: as zonas azuis (OTA, ORA e semellantes) e os aparcadoiros de pagamento custan nunhas cidades ata o dobre, e mesmo o triple, ca noutras; e, catro, que a posibilidade de que os automobilistas que aparcan incorrectamente na vía pública sexan multados ou o guindastre lles retire o vehículo é moi superior (ata dez veces maior) nunhas cidades ca noutras.

Aparcar en Logroño ou Vitoria é moi distinto que facelo en Madrid ou Alacante

Segundo a proba práctica realizada, aparcar (é unha media correspondente a tódolos das da semana, incluídos os festivos) no centro de Logroño e Vitoria require só 3 minutos e medio e 5 minutos, respectivamente, mentres que en Madrid esixe 13 minutos e medio e en Alacante (que estaba inmersa en obras de infraestructura que prexudican o tráfico) supuxo 22 minutos. Estas catro cidades son os valores extremos e as diferencias coas outras oito capitais son importantes.

En Bilbao resulta tamén difícil aparcar pero só en días laborables (máis de nove minutos) mentres que en San Sebastián resulta relativamente sinxelo en laborables (6 minutos) pero moi complicado (máis de 20 minutos) os días festivos.

Barcelona, cunha media de case 8 minutos por cada aparcamento, mellor as fins de semana cós laborables, queda nun termo medio, moi satisfactorio para unha urbe do seu tamaño.

As cidades que máis paciencia esixen ó automobilista que aparca en días laborables son, de peor a mellor, Alacante (lembrémo-la influencia das obras), Madrid, Valencia, Bilbao e Castellón. En todas elas, estacionar no centro de luns a venres require máis de 9 minutos de media.

En fins de semana, a situación mellora algo pero segue sendo complicado deixa-lo coche: só en Bilbao, Logroño e Vitoria se tarda menos de 5 minutos. Nas que máis difícil lles é ós automobilistas aparcar en fin de semana son San Sebastián (case 23 minutos de media), Alacante (case 16 minutos, e os domingos non había obras...) e Madrid (14 minutos).

Como referencia consideremos que aparcar no centro de Barcelona na fin de semana require só 6 minutos, e en Bilbao 2 minutos e medio.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto