Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Aprender idiomas nas grandes academias: Horarios flexibles e cursos personalizados, pero tarifas pouco económicas

Aprender un novo idioma implica un considerable esforzo e unha considerable cantidade de tempo e cartos. A elección do método de ensino que condicionará que a aprendizaxe teña éxito.

  Ós tradicionais centros de ensino e Escolas Oficiais de Idiomas, hai que engadir outra maneira de familiarizarse cun idioma, baseada no emprego da tecnoloxía multimedia, que se imparte en grandes academias. Expertos na ensinanza de idiomas afirman que ningún método para aprender idiomas garante un éxito total con tódolos alumnos, xa que as calidades persoais e cognitivas do estudiante e a súa motivación influirán moito no resultado final. As persoas menos disciplinadas, por exemplo, requiren xeralmente que se lles obrigue a asistir ás clases e para elas as academias de sempre, con días e horarios fixos, poderían ser máis axeitadas. Pero características como a timidez, a sociabilidade, a memoria (visual ou auditiva), a capacidade de aprendizaxe e o nivel de estudios tamén determinarán o tipo de método que mellor se adapta a cada alumno.

As vantaxes das grandes academias radican na flexibilidade de horario (o alumno acode ó centro á hora que máis lle convén, xa que permanecen abertos do luns ó venres, desde as 8:00 deica as 22:00 da noite ininterrompidamente, e mesmo os sábados á mañá) e nos cursos 'á carta': avalíanse os coñecementos do estudiante mediante un exame e fíxanse os ciclos que debe aprobar para acada-lo nivel que desexa. Deste xeito, o alumno non depende dun grupo nin do seu progreso para cumpri-lo seu obxectivo, nin perde clases e queda atrasado se non asiste ás leccións. As desvantaxes destes centros fronte ás academias tradicionais son evidentes: á disciplina que esixen hai que engadirlle o prezo, moito máis alto (unha matrícula de ata 25.000 pesetas e mensualidades, en función da modalidade de pagamento, que andan arredor das 14.000) có das academias tradicionais (nas que a matrícula custa 4.000 pesetas e as mensualidades 7.000 pesetas) ou escolas oficiais de idiomas (nas que os cinco cursos anuais precisos ata alcanza-lo último nivel, aptitude, custan arredor das 31.000 pesetas en total).

No tocante ó método de ensino, estas grandes academias inclúen unha novidade entre as súas ferramentas de traballo fronte ás academias tradicionais: o contorno multimedia, que consiste en empregar ordenadores equipados con programas informáticos expresamente desenvolvidos para aprender idiomas. Mediante este sistema, o alumno realiza parte da aprendizaxe de xeito individual e o ordenador corrixe os seus erros. A vantaxe deste sistema é enorme para persoas tímidas, por exemplo, que prefiren aprender a pronunciar en privado para pasaren posteriormente ás clases de grupo. Ademais, o ritmo de traballo márcao o propio alumno. A desvantaxe vén dada pola monotonía que supón permanecer meses e meses nun ambiente que aburre ó estudiante: os cursos destes centros son xeralmente longos e o alumno debe pasar moitas horas diante do ordenador realizando sempre o mesmo tipo de exercicios. Á parte do contorno multimedia, todas estas academias organizan múltiples actividades para fomentaren o emprego do idioma que se está aprendendo: excursións, emisión de películas en versión orixinal, a hora do té, encontros informais nun pub irlandés... Por outra banda, estas academias multimedia tamén lles facilitan ós seus alumnos a posibilidade de prepararen exames de recoñecido prestixio, para responderen á demanda das empresas de posuír certificados que acrediten o nivel de coñecementos dun idioma.

A modalidade de pagamento destes grandes centros suscita numerosas dúbidas e é radicalmente diferente á empregada nas academias tradicionais: nas primeiras abóanse os cursos ó contado e por adiantado, en tres ou catro prazos (o primeiro ó inicia-lo curso e os seguintes dentro dos tres meses posteriores) ou se financia o pagamento a través dunha entidade bancaria que se encargará de descontarlle ó cliente cotas mensuais de aproximadamente 14.000 pesetas. Así, estes grandes centros aseguran os seus ingresos aínda que o alumno decida abandona-lo curso.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto