Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cueiros talle Maxi, unisex: Moitas diferencias en absorción e protección ante a humidade

Analizáronse 6 cueiros talle Maxi para bebés de 9 a 15 quilogramos de peso e válidos tanto para nenos coma para nenas. O seu prezo anda arredor das 40 pesetas por unidade, pero hai diferencias notables: os de Dodot Excel custan 51 pesetas cada un, mentres que os de Nivex saen a 36 pesetas cada un.

 Para compara-la calidade destes cueiros estudiáronse as súas características e prestacións en varios parámetros, que se agruparon en tres apartados: confort (peso, espesura e dimensións), eficacia práctica no uso (sistema adhesivo) e, o fundamental, a capacidade de absorción e de protección fronte á humidade. Unha vez máis, estudiáronse os indicadores de calidade que se poden analizar e comparar de maneira estandarizada no laboratorio, xa que outros aspectos, como os relacionados co coidado da sensible pel dos meniños, resultan moi difíciles de medir obxectivamente e de xeito homologado. Aínda que estes cueiros están deseñados para ofreceren prestacións satisfactorias tanto para nenos coma para nenas, as probas tiveron en conta a peculiaridade fisiolóxica dos dous sexos: por exemplo, a zona do cueiro que recibe a maior parte da humidade difire segundo o usuario sexa neno ou nena.

Nos resultados da análise catro cueiros (Dodotis, Dodot Ultraseco, Moltex Suprème e Dodot Excel) consideráronse globalmente satisfactorios, un (Monbebé) soamente correcto e outro, Nivex, deficiente. Máis concretamente, e no tocante á capacidade de absorción, dúas mostras non acadaron o nivel de absorción esixible a un cueiro de talle maxi. En Nivex, a absorción foi insuficiente, para os dous sexos e tanto no uso diúrno coma no nocturno; e en Monbebé foino no uso nocturno na configuración nena. Nos demais cueiros, a absorción foi satisfactoria. Destacou Dodotis no uso nocturno: máis de 400 mililitros, tanto en neno coma en nena, mentres que en Nivex era de só 149 e 244 mililitros, respectivamente. A protección fronte á humidade absorbida, prestación crítica para un correcto coidado da pel do bebé, considerouse satisfactoria trala comprobación en Dodotis, Moltex e Nivex e correcta en Dodot Excel, mentres que en Monbebé e Dodot Ultraseco revelouse baixa no uso diúrno da configuración neno. De tódolos xeitos, é un dato relativo, xa que aínda que a porcentaxe indica o grao de sequidade na superficie do cueiro (o 100% corresponderíalle a un cueiro seco, sen usar), a medición da protección ante a humidade realizouse unha vez que se produciu o derramamento en cada cueiro. E, como se indicou antes, a humidade absorbida foi moito máis baixa nunhas mostras ca noutras. Polo tanto, a boa calidade dun cueiro vén determinada pola combinación dun elevado nivel de absorción cunha cando menos correcta porcentaxe de protección ante a humidade. Debido á frecuencia coa que lles hai que cambia-los cueiros ós bebés, para moitas familias é importante atopar unha marca e modelo que amais dunha calidade satisfactoria teña un prezo axustado. Entre os estudiados, os máis baratos son Moltex Suprème e Nivex, a 36 pesetas a unidade, e os máis caros, Dodot Excel, que custan cada un 51 pesetas. O resto oscila entre as 38 e as 42 pesetas. Nivex, un dos dous máis baratos, é o que menos superabsorbente contén e o que menos absorbe. Pero Dodot Excel, o máis caro, non é o que máis absorbe nin o que máis protexe da humidade, xa que se ve superado por outros cueiros nestas prestacións tan esenciais. A mellor relación calidade-prezo é o cueiro Dodotis, xa que cumpre moi ben a súa función principal (absorción e protección fronte á humidade) tanto en uso diúrno coma nocturno e para ámbolos sexos, e faino a un prezo moi competitivo: 38 pesetas a unidade. Moltex Suprème é tamén interesante: aínda que absorbe menos ca Dodotis, faino en medida abonda, e o seu nivel de protección ante a humidade é bo. Ademais é o máis barato (36 pesetas a unidade) dos catro que evidenciaron unha calidade global satisfactoria.

Absorción: dous cueiros suspenden

O máis importante nun braga cueiro é a súa capacidade de absorción. Un bo cueiro debe absorber moito, especialmente durante a noite, pero non basta con iso: tamén debe protexe-la delicada pel do bebé da humidade ó contacto. Son dúas cousas distintas. De pouco serve un cueiro que absorbe moito se mantén húmido o corpo do meniño, prexudicando a súa pel. Por este motivo, a protección fronte á humidade mediuse en condicións extremas nese cueiro: unha vez que alcanzou a súa máxima absorción. Aínda que estes cueiros están deseñados para seren usados tanto por nenos coma por nenas, as probas realizáronse tendo en conta ámbolos dous sexos. Amais de diferencias na zona na que se recibe a maior parte da humidade, é distinto o ciclo de rotación durante a noite: mentres que o ciclo estándar para os nenos é de costas-de lado-de fronte, para as nenas é de fronte-de lado-de costas. Mediuse o volume de líquido absorbido polo cueiro ata que se producía un derramamento; daquela mediuse tamén a humidade ó contacto, e volveuse medir de novo ós 10 e ós 20 minutos despois de producirse. Nun cueiro de talle Maxi estímase que a capacidade de absorción é satisfactoria se durante o uso diúrno absorbe 250 mililitros ou máis; no uso nocturno debe absorber cando menos 280 mililitros. Os datos foron satisfactorios pero con excepcións: os de Nivex carecían dunha capacidade abonda de absorción, xa que en ningún caso (nocturno, diúrno, neno ou nena) superou os 250 mililitros antes do derramamento. Ademais, Nivex foi o único cueiro que demostrou unha absorción insuficiente na proba de uso diúrno e tanto na configuración neno coma na de nena. Nas demais mostras, a absorción en uso diúrno foi satisfactoria. A maior capacidade correspondeu a Dodot Ultraseco na configuración neno (375 mililitros) e a Monbebé na de nena (317 mililitros). En canto ó uso nocturno, destaca a absorción de Dodotis (máis de 400 mililitros tanto en neno coma en nena), mentres que Monbebé foi deficiente na configuración nena: 239 mililitros, semellante a Nivex.

Protección fronte á humidade: cus secos

Os seis cueiros incorporan barreiras internas para un maior illamento da humidade e protección do bebé. É lóxico, xa que tan importante coma a absorción é a protección contra a humidade absorbida, pois esta pode provocar irritacións na pel do bebé. Estimouse que unha protección satisfactoria é a que chega ó 80% nos catro casos posibles: diúrno neno, diúrno nena, nocturno neno e nocturno nena. Dodotis foi o cueiro con maior protección fronte á humidade en máxima absorción (arredor do 85%-90% nos catro casos). Moltex e Nivex tamén demostraron niveis satisfactorios, aínda que Moltex proporciona mellor protección no uso nocturno (82% en nenos e 94% en nenas) e é máis elevada para nenas que para nenos. En Monbebé, a protección é, en xeral, elevada, pero no uso diúrno en configuración neno (57%) resulta deficiente. Dodot Excel non acadou en ningún caso a protección do 80%, pero os seus valores (entre o 68% e o 78%) non se afastaron moito dela. A menor protección ofrécea no uso diúrno na configuración nena. Dodot Ultraseco foi o cueiro con menor protección fronte á humidade (por exemplo, 53% en diúrno nenos). En uso nocturno, os valores foron máis aceptables (71% en nenos e 77% en nenas), pero sen chegaren a satisfactorios. Non esquezamos que este dato da protección se refire ó grao de sequidade do cueiro cando absorbeu toda a humidade que puido. Se definímo-los seis cueiros segundo o seu comportamento en absorción e protección fronte á humidade, vemos que a clasificación nestes apartados está directamente relacionada coa cantidade de material superabsorbente que conteñen as mostras: Dodotis, Dodot Ultraseco e Dodot Excel, xunto con Moltex os tres mellores, presentan este material (entre 11,5 e 12,1 gramos) nunha cantidade moi superior a Nivex (5,5 gramos) e Monbebé (8,4 gramos). Podería dicirse, polo tanto, que a cantidade de superabsorbente que incorporan estes dous últimos cueiros é insuficiente. En Moltex Suprème a absorción é satisfactoria malia a que incorpora algo menos superabsorbente (10,6 gramos) cós outros tres mellores.

Peso e espesura falan do confort

Co paso do tempo e os avances técnicos que se lles foron incorporando, os cueiros que hoxe adquire o consumidor evolucionaron moito e resultan máis cómodos e confortables cós de hai uns anos. Así o comprobou esta análise, xa que os seis cueiros resultaron satisfactorios en confort. Dodotis e Dodot Ultraseco resultaron algo mellores, polo seu modesto peso (menos de 46 gramos por cueiro), reducida espesura (9 milímetros) e dimensións axeitadas. Monbebé e Nivex recibiron valoracións inferiores, aínda que satisfactorias, pola maior espesura e menores dimensións do coxín en Nivex, e pola maior espesura en Monbebé. En Moltex, a espesura tamén foi excesiva e o mesmo acontecía coas súas dimensións na zona da entreperna, defecto que se compensaba cunhas moi axeitadas dimensións externas e do coxín absorbente. Na cintura, só Dodot Excel e Monbebé incorporan cinto elástico. No tocante ó tecido exterior, e con excepción de Dodotis e Nivex, os cueiros estudiados levan un tecido exterior de tacto algodón, mentres que nestes últimos é "non téxtil".

Que non despeguen

A eficacia práctica no uso está moi relacionada co sistema adhesivo que suxeita o cueiro ó corpo do bebé. Non sendo Nivex, todos ofrecen un peche de velcro ó final dunha banda de adhesivo. De tódolos xeitos, os cambios e innovacións prodúcense continuamente e algúns dos cueiros aquí analizados seguramente xa sufrirían modificacións cando se publique este comparativo. É o caso de Dodot Excel, que hoxe incorpora un sistema de peche distinto ó do modelo aquí descrito. É posible que noutros cueiros foran modificadas algunhas características. Volvendo ós resultados, o sistema adhesivo funciona moi ben en Nivex, Monbebé e Moltex Suprème. Os outros tres resultaron só correctos. Estas valoracións explícanse, en Nivex, polas forzas precisas para despega-lo adhesivo (en dous tipos de esforzo diferentes), suficientemente elevadas, e nas correctas dimensións da zona na que se adhire a parte dorsal do cueiro. E en Monbebé pola boa adherencia. En Dodot Excel e Dodotis, o adhesivo despégase, polo que o cueiro se solta con certa facilidade se se aplica un esforzo en dirección paralela e sentido oposto á banda adhesiva.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto