Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un pensionista da Seguridade Social sufriu un infarto de miocardio en Venezuela e tivo que ser ingresado nun centro médico de Caracas. Os gastos da clínica privada ascenderon a 2.269.000 pesetas, importe que o pensionista reclamou á Seguridade Social, alegando urxencia vital. Sen embargo, o reintegro dos gastos foille denegado, aducindo que non existía convenio en materia de asistencia sanitaria con Venezuela. Presentado o caso ante o Tribunal Supremo, este, en sentencia do 4 de abril do 2000, di que o realmente importante non é a existencia ou non de convenio sanitario con Venezuela (ou con calquera outro país), senón se había ou non unha auténtica urxencia vital.
Nos casos de urxencia vital é indiferente que a asistencia se precisara ou producira en España ou no estranxeiro. Di o Supremo que cando se trata de supostos que esixen unha atención inmediata por existir perigo para a vida ou a integridade física, garánteselle-la asistencia sanitaria a tódolos afiliados á seguridade social, independentemente do lugar no que estean, e condena a Generalitat Valenciana (Consellería de Sanidade e Consumo) ó aboamento da cantidade solicitada.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI