Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Mentres xogaba na hora do recreo no patio da escola e sen que se decatasen os mestres, un neno de sete anos recibiu o golpe dun balón na cabeza. Cando xa estaba na aula, a profesora percibiu que o neno estaba indisposto, lavoulle a cara e levouno á secretaría a agarda-la chegada da súa nai. A indisposición evolucionou desfavorablemente e o neno foi ingresado nun centro hospitalario, pero quedáronlle secuelas que lle provocaron a incapacidade absoluta para toda a vida para rexe-la súa persoa e a total dependencia dos seus pais para realiza-las súas necesidades fisiolóxicas.
Segundo o Supremo, en sentencia do 10 de abril do 2000, a conducta dos profesores merece unha recriminación, xa que está probado que nin sequera repararon no suceso, que xogaban conxuntamente nenos con adolescentes e que a atención que a profesora lle dedicou ó lesionado foi superficial e incorrecta, xa que non lle ofreceu ningún tipo de asistencia sanitaria. Por todo isto, considera a responsabilidade do Ministerio de Educación e Ciencia e condénao a indemniza-los pais do menor coa cantidade de 34 millóns de pesetas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI