Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha persoa solicitoulle un préstamo dun millón de pesetas a unha caixa de aforros e formalizouno mediante unha póliza na que se fixou a devolución do préstamo nun prazo de 60 meses. Ademais, estableceuse que, no caso de demora, aplicaríaselles ós saldos pendentes un xuro mínimo do 25%, e especificouse que, no caso de impagamento de cotas, o préstamo consideraríase vencido e, polo tanto, a caixa de aforros podería esixir xudicialmente a totalidade da débeda.
O prestameiro incumpriu a súa obriga de paga-las cotas e a entidade financeira interpuxo a correspondente demanda para reclama-la devolución da cantidade prestada e non devolta, máis uns xuros mínimos do 25%. Sen embargo, de acordo co artigo 19.4 da Lei de Crédito ó Consumo, segundo o cal en ningún caso se lles poderá aplicar ós créditos que se cobren nas contas correntes un tipo de xuro cunha taxa anual superior a 2,5 veces o xuro legal do diñeiro, e conforme ó apartado 5.29 da disposición adicional primeira da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuario, a Audiencia atribuíulle o carácter de cláusula abusiva ás condicións da Caixa. Por iso, rebaixou nunha boa porcentaxe os xuros que deberá paga-lo cliente.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI