Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha nena de doce anos intentaba abrir unha botella de plástico dun refresco de cola de dous litros cando o tapón de rosca saltou de xeito violento e golpeou o seu ollo dereito. Isto produciulle unha ferida e perdeu a visión dese ollo. No xuízo posterior, os pais da menor solicitaron unha indemnización polos danos e secuelas causados polo tapón.
A Audiencia de Granada, en sentencia do 12 de febreiro do 2000, considerou de aplicación ó caso a Lei 22/1994 sobre Responsabilidade Civil por danos ocasionados por productos defectuosos, segundo a cal un producto é defectuoso cando non ofrece a seguridade que lexitimamente se debe esperar del e, en calquera caso, cando non ofrece a seguridade ofrecida normalmente polos demais exemplares da serie. Os pais probaron os feitos denunciados por medio de testemuñas, perito, proba documental e confesión. A empresa demandada non probou a súa hipótese, que era a incorrecta manipulación da botella por parte da menor. Probados o defecto, o dano e o nexo de causalidade entre ámbolos dous, fixaron a indemnización por danos físicos e morais na cantidade de 15 millóns de pesetas, máis os gastos da clínica oftalmolóxica.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI