Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A cambota extractora non dá chegado

En novembro de 1998 adquirín unha cambota extractora nun establecemento de Barakaldo (Biscaia) e instaleina na miña casa de Isla (Cantabria). En febreiro de 1999 estragouse e acudín ó establecemento vendedor porque o aparello aínda estaba en garantía. O dono do establecemento proporcionoume o teléfono do provedor da cambota para que concertase con el a reparación. O provedor indicoume telefonicamente que os técnicos non se trasladaban ata Isla. Eu insistín na miña reclamación, aceptando o amaño ou a reposición dunha nova cambota. O provedor aceptou a segunda opción, pero aseguroume que debía agardar un ou dous meses ata que a cambota chegase de Italia. Insistín durante máis dun ano, pero foi atrasando o asunto. ¿Qué podo facer?

De acordo co artigo 11 da Lei de Defensa do Consumidor, no tocante ós bens de natureza *duradeira o vendedor e/ou provedor están obrigados a repararen de xeito gratuíto os defectos ou avarías xurdidos durante o período de garantía. Se unha primeira reparación é insatisfactoria, o consumidor pode elixir entre a substitución do producto por outro de iguais ou semellantes características e a devolución do importe. Sen embargo, neste caso non se seguiron estes pasos (en parte pola prestación do servicio técnico nun lugar distinto ó de adquisición), e acadouse un acordo verbal polo que o provedor se compromete a entregar outra cambota extractora nova en substitución da avariada.

Pero o cumprimento deste acordo adíase e o prazo da garantía finaliza. Nesta situación, o que convén é enviarlle unha carta ó provedor lembrándolle o seu compromiso (mellor manter contactos escritos ca telefónicos, para que quede constancia da reclamación, as datas e o compromiso) e acudir a unha OMIC ou asociación de consumidores para presentar unha reclamación, instando, se cómpre, a submisión do conflicto á arbitraxe de Consumo. Neste caso en concreto, a vía xudicial pode non resultar eficaz, por problemas de proba e polas diferentes opinións sobre o prazo de garantía, que podería considerarse caducado ó transcorrer máis de un ano desde a compra.

No tocante á obriga dos técnicos a se desprazaren a unha poboación distinta da do lugar da compra ou do establecemento vendedor, algunhas marcas non dan lugar a este problema, xa que teñen servicios técnicos en varias comunidades autónomas. Como neste caso non existía un servicio técnico da marca en Cantabria, deben aterse ó pactado no contrato de garantía. Pero se a garantía non di nada sobre o lugar de prestación da obriga, esta reclamación presenta dificultades que se resolven a favor do lugar do domicilio do garante e do contrato, é dicir, Barakaldo, polo que o servicio técnico non terá obriga de se desprazar.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto