Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ximnasios e polideportivos: Non é só cuestión de imaxe, a saúde tamén conta

A camiño entre o culto ó corpo e o crecente interese que suscita todo o relacionado coa saúde, practicar deporte converteuse en algo máis ca nunha moda pasaxeira

 A camiño entre o culto ó corpo e o crecente interese que suscita todo o relacionado coa saúde, practicar deporte converteuse en algo máis ca nunha moda pasaxeira. Así o testemuña o incremento do número de matrículas que se rexistra cada outono en ximnasios privados e polideportivos municipais.

Comezar a practicar unha actividade física implica tomar decisións que aseguren que o esforzo e os cartos investidos non serán baldíos. Debemos considerar detidamente cuestións como decantármonos por un centro próximo ó noso domicilio ou por un próximo ó lugar de traballo, a titulación dos profesores e a elección da actividade que máis se adapte ás nosas necesidades ou obxectivos (evitármo-lo estilo de vida sedentario, desenvolvermos musculatura, endurecérmo-lo corpo sometido a unha dieta adelgazante). E, por suposto, a tarifa tamén influirá, xa que as diferencias entre centros privados ou públicos son notables e, entre os primeiros, a variación nos prezos resulta tamén considerable.

Un amplo abano de actividades

  • Aeróbic: Combina movementos coreográficos de baixa e alta intensidade ó ritmo da música. Actividade idónea para mellora-la coordinación e os reflexos.
  • Gym-jazz, funky, aerodance...: Movementos aeróbicos seguindo diversos ritmos musicais.
  • Body pump: Método integral e personalizado de adestramento que combina exercicios cardiovasculares e musculares. Tonifica e mellora a forma en moi pouco tempo. Inclúe elementos das sesións aeróbicas tradicionais combinados con todo tipo de material deportivo: step, gomas, pesas, cordas...
  • Boxingaeróbic: Combina os movementos suaves de pernas e brazos do boxeo coa técnica tradicional do aeróbic. Desenvolve a capacidade cardíaca e o ton muscular. Ideal para mellora-la coordinación e o equilibrio.
  • Acuaeróbic ou fitness acuático: Exercicios realizados baixo a auga nunha piscina de moi pouca profundidade. Estimulante e relaxante, é unha fonte terapéutica e correctora de problemas corporais. Causa menor tensión nas articulacións e músculos ca outros exercicios e o risco de lesións diminúe xa que o corpo pesa menos dentro da auga.
  • Musculación: O traballo con pesas e aparellos fortalece os distintos músculos, marcando as súas formas ou aumentando o seu volume, segundo o obxectivo que se persiga.
  • Stretching ou estiramento: Indicado para estimular músculos, tendóns e articulacións. Serve como quecemento para outras actividades e prevén lesións. Diminúe a tensión corporal e a fatiga mental. Permite recupera-la postura correcta do corpo.
  • Ioga: Equilibra os catro sistemas principais do corpo: o nervioso, o arterial, o linfático e o enerxético. É un bo complemento deportivo, xa que aumenta a forza e a flexibilidade. Mellora trastornos funcionais como a taquicardia, o insomnio ou os síntomas de depresión.

Beneficios de practicar deporte

  • Retarda os procesos dexenerativos da idade e a perda das funcións mentais.
  • A partir dos 30 anos pódese aumentar ata o 25% da capacidade do sistema cardiovascular, co engadido de que axuda a controla-lo peso e incrementa o consumo de osíxeno dos músculos.
  • Mellora a circulación sanguínea e axuda a previr trastornos coronarios, arteriais e cardiovasculares.
  • Reduce a hipertensión, a osteoporose, a diabete e o síndrome de tensión premenstrual.
  • Incrementa os niveis do colesterol bo (HDL) no sangue e contribúe a reduci-los triglicéridos (graxa).
  • Fortalece o sistema inmunolóxico e prevén a aparición de diversos tipos de cancro, entre eles o de colon.
  • Aumenta o nivel da serotonina (hormona) no cerebro, o que propicia un estado de ánimo máis positivo. Posúe efectos beneficiosos ante a depresión, a ansiedade, a tensión e a neurose. As melloras do aspecto físico repercuten positivamente a nivel psicolóxico, xa que cando unha persoa vai adquirindo a imaxe que lle agrada, séntese máis segura de si mesma e esquece traumas e complexos.
  • A sensación de xúbilo e enerxía que proporciona a práctica de exercicio nun ambiente agradable resulta moi beneficiosa, xa que actúa a xeito de antidepresivo natural. De feito, os psicólogos defenden o efecto terapéutico do traballo físico nas persoas que sofren desequilibrios e desordes mentais.
  • Incrementa a autoconfianza, a autoconciencia e a claridade de pensamento. E é bo mesmo para mellora-la memoria.
  • Todo exercicio físico regular aumenta a eficacia do sono, se non se practica inmediatamente antes da hora de deitarse.
  • Asistir ó ximnasio tamén mellora as relacións cos demais: as clases compartidas ofrecen a oportunidade perfecta de relación cos demais e de coñecer persoas con intereses semellantes ós nosos.
  • Mellora a capacidade de concentración. Un exemplo claro constitúeno as clases de aeróbic: o nivel de concentración que esixen as coreografías obriga a quen as practica a permanecer nun estado de concentración elevado mentres as aprende e executa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto