Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Calzado de trekking de entre 10.000 e 13.000 pesetas: Boa calidade, pero a maioría non serven para a chuvia

Cinco botas de trekking de gama media, unha a unha

Tuckland Pocker

  • 11.900 pta. A mellor relación calidade-prezo. Emprego recomendado: para todo tipo de terreos.
  • Excelentes propiedades mecánicas, que permiten un uso prolongado debido á súa resistencia. A súa sola permite un bo amortecemento, que perdurará debido á súa elevada restitución de enerxía.
  • Impermeable á auga e moi flexible. Único punto débil: moi escasa absorción de humidade da sola interior.
  • Cualificación global (máx. de 5 puntos): 4,7 puntos.

Nike Brush Kicker Mid

  • 9.995 pta, a máis barata. A mellor opción para camiñar en terreos pouco accidentados e secos.
  • Excelentes propiedades mecánicas, que permiten un emprego prolongado debido á súa resistencia.
  • A sola, amais de ser moi flexible, posibilita un amortecemento de choque moi satisfactorio. Puntos débiles: permeabilidade á auga e escasa absorción de humidade da sola interior.
  • Cualificación global: 4,2 puntos.

Salomon Exit Mid

  • 12.995 pta. Emprego recomendado: para todo tipo de terreos, sempre que sexan secos. Excelentes propiedades mecánicas, que permiten un uso prolongado debido á súa resistencia.
  • Bo amortecemento, e un bo compromiso entre unha bota flexible (mellor para sendeiros chairos) e unha ríxida (para chans abruptos).
  • A única cunha soleta que absorbe satisfactoriamente a humidade interior. Non é impermeable á auga.
  • Cualificación global: 3,8 puntos.

Asolo Elk High

  • 12.995 pta. Emprego recomendado: terreos chairos e secos. Propiedades mecánicas: a unión cana-punteira é demasiado débil, o que prexudica a estética e a impermeabilidade á auga.
  • Excelente amortecemento de choques da sola. Insuficiente capacidade de absorción de humidade da sola interior.
  • Cualificación global: 3,7 puntos.

Boreal Midi

  • 11.995 pta. Emprego recomendado: terreos secos e abruptos. A unión cana-punteira é demasiado débil, o que prexudica a impermeabilidade á auga e a estética.
  • Escaso amortecemento de golpes na zona do calcañar. Permeable á auga. Os amallós non superaron a proba de resistencia ó efecto de corte.
  • Insuficiente capacidade de absorción de humidade da soleta.
  • Cualificación global: 3 puntos.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto