Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Medicamentos xenéricos: Máis baratos, pero igual de eficaces e fiables

O ano pasado gastáronse en España máis dun billón de pesetas en medicamentos, un 10% máis ca en 1998

  As principais causas do crecemento deste gasto son o avellentamento da poboación e a continua aparición de novas e custosas medicinas que a sanidade pública financia. Aínda que o problema é complexo e non ten fácil solución, queda a constancia de que estende-lo uso dos medicamentos xenéricos, que custan habitualmente entre o 10% e o 25% menos que os da marca que os patentou pero son igual de eficaces e seguros, reduciría notablemente o gasto farmacéutico da Administración e dos propios cidadáns. A partir do 1 de decembro só se receitarán, se é posible, medicamentos xenéricos, que virán etiquetados coas letras EQ. Se o paciente desexa continuar coa súa marca habitual, deberá aboa-la diferencia entre o xenérico e o orixinal. Neste prazo de tempo tamén se baixará o prezo de case 200 productos que, polo momento, non son intercambiables por xenéricos. En decembro de 1999, Sanidade tiña autorizados 56 principios activos xenéricos que cobren as patoloxías máis comúns, comercializados nunhas 350 presentacións.

Económicos e fiables Económicos e fiablesEconómicos e fiables

Os medicamentos xenéricos son aqueles cunha patente (propiedade da empresa farmacéutica que o inventou ou deseñou, normalmente tras moitos anos de moi cara investigación científica) que xa caducou e que laboratorios autorizados pola Administración fabrican e comercializan. Estes laboratorios deben demostra-la equivalencia terapéutica dos seus fármacos co orixinal. É dicir, non se trata de medicamentos de rebaixas, senón de productos eficaces que cumpren con tódalas garantías. A Lei do Medicamento establece que un xenérico debe conte-lo mesmo principio activo, idéntica dose e a mesma forma farmacéutica que o orixinal, e que debe garanti-la mesma calidade, seguridade e eficacia que o medicamento de referencia. A patente dun medicamento vence nuns catro ou cinco anos. Se un laboratorio, antes do vencemento da patente allea, desexa vender unha réplica dese medicamento con outro nome comercial, debe pagar royalties ó laboratorio que posúe a patente ou comprarlle a materia prima.

Médicos, farmacéuticos e consumidores

Os médicos posúen en exclusiva a facultade de prescribir medicamentos; polo tanto, se non se receitan máis xenéricos é porque eles non queren. Mostráronse sempre contrarios a calquera imposición ou insinuación acerca de qué medicamento deben prescribir. A liberdade de prescrición é sagrada, aducen. Pero, en realidade, hai algunhas influencias que parecen resultar máis eficaces. Os laboratorios farmacéuticos non dubidan en agasalla-los médicos, en obsequialos con asistencias a congresos, regalos, viaxes de estudios e reunións científicas (tralas que, en ocasións se agachan propostas nas que o primordial é o lecer e o turismo), que promoven nos facultativos a lembranza dunhas determinadas marcas comerciais no momento de redacta-la receita. Desde a perspectiva da prescrición, os xenéricos mesmo facilitan o labor do médico, xa que non se ven forzados a lembrar marcas comerciais, que as hai a miles, senón só o principio activo e a dose.

Os farmacéuticos, pola súa parte, obteñen os seus beneficios mediante unha marxe ata agora fixa (unha porcentaxe) sobre o prezo que eles pagan por cada envase ós seus distribuidores. Isto supón que canto maior sexa o custo do medicamento, máis rendible é para o farmacéutico. Por tanto, parece natural que o farmacéutico, en xeral, prefira vender productos caros que baratos. E, xa máis en concreto, que necesite incentivos para expender motu propio medicamentos xenéricos, sempre máis baratos que os de marca coñecida. Pero estamos nun círculo vicioso: se os médicos non receitan xenéricos, as farmacias dificilmente poderán vendelos, cando menos os que necesitan prescrición médica. Os consumidores pouco poden facer (á parte de solicitar ós médicos que lles prescriban xenéricos, e de pedir nas farmacias os productos sen receita polo seu principio activo e non pola súa marca comercial), xa que fundamentalmente consomen o que o médico lles receita. Para vence-la desconfianza que poderían mostra-los consumidores cara ós xenéricos necesítase un eficaz labor de información ós usuarios, se se quere xerar unha cultura de aforro e racionalidade no consumo de medicamentos.

Un 25% de aforro

Vexamos algúns exemplos de medicamentos xenéricos, e comparémo-lo seu prezo co dos de marca coñecida. Na lista que segue cítase en destacado o nome do principio activo. A sigla EFG significa "Especialidades Farmacéuticas Xenéricas".

  • Fluoxetina. Moi utilizado no tratamento da depresión. Prozac, elaborado polo laboratorio Lilly e Dista, custa 4.976 pesetas. Prezo dos xenéricos: Fluoxetina Bayvit EFG, 3.724 pesetas. Fluoxetina Ratiopharm EFG, 3.728 pesetas. Fluoxetina Normon EFG, 3.733 pesetas
  • Amoxicilina. Antibiótico de amplo uso Clamoxyl, do laboratorio Smithkline Becan, custa 537 pesetas. Prezo dos xenéricos: Amoxicilina Ratiopharm EFG, 404 pesetas.
  • Famoditina. Antiulceroso. Fanox, producida polo laboratorio Lesvi, custa 2.995 pesetas. Prezo dos xenéricos. Famotidina Ratiopharm EFG, 2.271 pesetas.
  • Dicoflenaco. Antiinflamatorio indicado para reumatismos, gota e artrose. Doloutren, do laboratorio Faes, custa 945 pesetas. Prezo dos xenéricos: Dicoflenaco Géminis Reard EFG, 865 pesetas.

Controla-lo gasto sanitario

Hai pouco máis de dous meses, fixéronse públicas certas disposicións do Goberno central para reduci-lo gasto en medicamentos, entre as que figura a promoción o uso de xenéricos e incentiva-la súa venda nas farmacias. Para conseguilo, a marxe destes establecementos aumentará nos xenéricos desde o 27,9% habitual ata o 33%. Pero a tradición no consumo de xenéricos é aínda escasa no noso país e, como noutros productos, a marca do fabricante e o seu prestixio inflúen decisivamente en tódolos elos da cadea: farmacéuticos, médicos e consumidores. Hai xa tres anos que poden adquirirse xenéricos, pero as súas vendas non representan sequera o 2% do gasto farmacéutico total. En Alemaña alcanzan o 20% e en Dinamarca aínda máis, o 27%, co conseguinte aforro para os consumidores e para as arcas públicas.

Actualmente, máis de setenta laboratorios de todo o mundo fabrican este tipo de medicamentos. As grandes empresas farmacéuticas contan con subdivisións que, dentro da compañía e aínda que con outro nome, se dedican á fabricación exclusiva de xenéricos. Estes preparados ofrecen unha garantía equivalente á do fármaco orixinal, e presúmese que liberalizarán en certo grao o mercado farmacéutico e mesmo, segundo algunhas opinións, impulsarán unha nova competencia que incentivará o desenvolvemento de novos productos e fomentará a investigación. Alemaña e Reino Unido, que gozan dunha consolidada cultura de consumo de medicamentos xenéricos, poden presumir dos maiores investimentos en Investigación e Desenvolvemento (I+D) no sector farmacéutico.


Relacións deste contido

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto