Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un ancián caeu polas escaleiras dun banco e tres meses despois faleceu

Un señor de 79 anos caeu por unhas escaleiras exteriores sen varanda dunha sucursal bancaria. Sufriu unha fractura de fémur que tres meses máis tarde lle provocou a morte. As súas fillas demandaron o banco e reclamaron cinco millóns de pesetas cada unha polo dano moral causado polo falecemento do seu pai Consideraban evidente a neglixencia do banco ó non instalar unha varanda nas escaleiras, xa que a súa función consiste precisamente en axudar como apoio as persoas e afirmaban que, de habela, polo menos as consecuencias da caída serían menores.

Pero o Tribunal Supremo, en sentencia do 28 de marzo de 2000, desestimou as pretensións de indemnización das fillas, debido a que non é posible establecer unha relación de causa-efecto entre a morte e a conducta do banco. Non considera neglixencia a non colocación de varanda (a pesar de que o banco a instalou despois dos feitos), afirma que nunca se producira ningún outro evento daniño nas escaleiras e que era posible atribuí-la caída ás limitadas facultades psicofísicas do falecido. Conforme ó razoado, estima que non houbo neglixencia no banco, polo que desestima o recurso presentado polas fillas do falecido e as condena a aboa-las custas do xuízo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto